Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

16/03/21 | 21:07 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

O comité clínico determina o nivel máximo de restricións nos concellos de Vilardevós, Paradela e Maside e establece medidas de nivel alto noutros sete municipios

Nos termos municipais de Sobrado, Soutomaior, Boborás, A Mezquita, Pontecesures, Neda e Arteixo rexerán as medidas de nivel alto

16/03/21 | 13:46 | C. de Política Social e Igualdade

Arias gaba o esforzo de traballadores e usuarios da residencia de Burela “que puxeron todo da súa parte nos momentos máis difíciles da pandemia”

O delegado territorial da Xunta en Lugo visitou o centro e mantivo un encontro co novo director, Óscar Molina

16/03/21 | 11:47 | C. de Política Social e Igualdade

O Comité Asesor Sociosanitario completará neste semestre un diagnóstico das residencias de maiores

Ramificará a súa reflexión en tres grupos de traballo: un centrado na coordinación sociosanitaria, outro na aposta da tecnoloxía e un terceiro en reformas estruturais

14/03/21 | 12:22 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social leva o programa Xantar na casa aos veciños do Concello da Capela

Ata dez veciñas e veciños deste municipio coruñés recibirán nas súas vivendas unha dieta equilibrada, de calidade e axustada ás súas necesidades

13/03/21 | 11:25 | C. de Política Social e Igualdade

Un total de 80 estudantes de bacharelato participan hoxe na fase clasificatoria da duodécima edición de parlamento Xove

Esta primeira parte do torneo de debate dispútana 20 equipos pertencentes a 13 centros galegos

12/03/21 | 12:45 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta flexibiliza os requisitos dos concellos e dos usuarios das 63 novas casas do maior que prevé crear este ano

Poderase adherir calquera concello que non teña centro de día ou servizo similar, e non só os que teñan menos de 5.000 habitantes como na actualidade

11/03/21 | 16:06 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor as obras de graffiti do Xuventude Crea, que premiou a máis de 36 mozos galegos durante os últimos 10 anos

O Goberno galego destinou neste tempo 55.000€ a premiar as obras galardoadas na modalidade de Graffiti