Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

17/05/21 | 12:23 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta repartiu material de protección e probas diagnósticas por valor de 9,8 millóns de euros ás residencias, centros de día e escolas infantís

Desde abril de 2020 distribuíronse máis de 41 millóns de unidades destes produtos, maioritariamente máscaras, luvas e xel hidroalcohólico

16/05/21 | 13:23 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o traballo da Asociación Rural Terra e Xente na dinamización das zonas menos poboadas de Galicia

Este centro axuda na cobertura de necesidades básicas, na alfabetización dixital e no asesoramento das persoas en risco de exclusión

16/05/21 | 12:10 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta traslada ao Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 os desafíos conxuntos e asuntos pendentes que ten con Galicia

O documento marca como principais obxectivos a mellora na aplicación do Ingreso Mínimo Vital ou a reforma do sistema de dependencia

15/05/21 | 17:07 | C. de Política Social e Igualdade

Os equipos sagrada familia da ESO, IES marco do Camballón de bacharelato e o do campus da USC de universidades, gañadores da duodécima edición de Parlamento Xove

Ao acto asistiron o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel

15/05/21 | 12:18 | C. de Política Social e Igualdade

Galicia convida ás entidades do ámbito social a presentar proxectos innovadores e de mellora do sistema de coidados para captar fondos europeos

A Consellería de Política Social lanza unha Manifestación de Interese para implicar ao terceiro sector no desenvolvemento das liñas estratéxicas de actuación no ámbito social

14/05/21 | 16:01 | C. de Política Social e Igualdade

Primavera Xove organiza actividades para a mocidade nos espazos xove de Curtis, Ourense e Vilalba

En todas estas localidades celebráronse charlas, obradoiros e exposicións, entre outras iniciativas

14/05/21 | 14:53 | C. de Política Social e Igualdade

Galicia apela a retomar o traballo conxunto para conseguir unha estratexia nacional de reto demográfico que veña do consenso

Insta o Goberno central a concretar os orzamentos para facer fronte ao baixo índice de natalidade, a dispersión territorial, o sobreenvellemento ou a despoboación

14/05/21 | 14:06 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social investirá 33.000 euros en obras de mellora da escola infantil do Pereiro de Aguiar

O Concello asumirá a execución dos traballos, que financiará o Consorcio coa compensación das liquidacións que corresponden por este servizo público

12/05/21 | 20:54 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia arranca o ciclo de charlas formativas para a mocidade universitaria ao abeiro de Primavera Xove

Nesta primeira xornada celébranse charlas na Coruña, Vigo e Ourense centradas nas redes sociais, na innovación e sobre a creación de contido