Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

04/11/22 | 15:46 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta galardoa as mellores pezas teatrais do Xuventude Crea 2022

O primeiro premio foi para Vórtice Escénico coa obra ‘Asfixia’, e para a Asociación Palimoco Teatro, de Lugo, con ‘E se todo se reducise ao amor’

04/11/22 | 13:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

Arias visita a casa niño ‘A Brétema do Miño’, a segunda que se pon en marcha no municipio de Portomarín

O delegado territorial da Xunta en Lugo subliña que a provincia suma xa 23 centros e 115 prazas para menores de 0 a 3 anos no ámbito rural, gratuítas para as familias

02/11/22 | 17:34 | C. de Política Social e Igualdade

O programa ‘Coidados Porta a Porta’ atendeu a 7.100 persoas na provincia da Coruña no seu primeiro percorrido por toda Galicia

Oito unidades móbiles comezaron o pasado mes de marzo unha ruta por todos os concellos galegos, agás as sete cidades, ofrecendo servizos gratuítos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria
 

01/11/22 | 10:34 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en marcha o primeiro programa de acollemento familiar especializado

O Goberno galego destinará 1,1 millóns de euros para esta nova iniciativa, que require entre as familias dunha cualificación profesional específica
 

31/10/22 | 12:11 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publica unha nova orde de axudas a concellos para a posta en marcha de unidades de atención temperá

O Goberno galego destinará ata novembro de 2024 case 12 millóns de euros para abrir novos centros e consolidar os xa existentes

31/10/22 | 12:01 | C. de Política Social e Igualdade

Os Orzamentos da Consellería de Política Social e Xuventude para 2023 suben un 16% e superan a cifra récord dos 1077 M€

Supón o dobre de fondos que os destinados a competencias desta área en 2009 e permitirá blindar os servizos sociais, así como reforzar a atención ás persoas en situación de desprotección ou en risco de padecela
 

30/10/22 | 11:45 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta premia o talento culinario da mocidade galega a través do certame Xuventude Crea 2022

O primeiro premio foi para o equipo formado por Andrea Maseda Prado e Miguel Morán, os dous naturais de Cospeito, polo seu prato ‘Perlas de pistacho e chocolate branco, natillas de castaña e flocos de millo’

30/10/22 | 11:35 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en marcha unha nova edición do programa formativo e de lecer para a mocidade Outono Xove, con preto de 900 prazas

Ofértanse dez programas diferentes que se desenvolverán en albergues xuvenís e residencias de tempo libre situadas en diferentes localidades do territorio galego

29/10/22 | 13:57 | C. de Política Social e Igualdade

Fernández-Tapias asiste á celebración dos 27º xogos autonómicos Special Olympics nas Travesas

A delegada da Xunta en Vigo e o director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando Abeijón, felicitaron este sábado aos participantes no campionato de fútbol sala