Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

10/06/21 | 11:04 | C. de Política Social e Igualdade

O DOG publica a nova orde de respiro familiar con axudas de ata 1500 euros para estancias en residencias e de 1000 para o pago dun coidador no fogar

O Goberno galego inviste 600.000 euros para facilitar o descanso dos coidadores habituais de persoas dependentes ou con discapacidade

09/06/21 | 19:13 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García sinala a integración de procesos, a proximidade e o uso da tecnoloxía como piares fundamentais do novo modelo de coidados aos maiores

A conselleira de Política Social expuxo o modelo de integración sociosanitaria no que traballa Galicia nun encontro organizado pola Sociedad Española de Directivos de la Salud (Sedisa)

09/06/21 | 16:49 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta presenta o campo de voluntariado de Monterrei, centrado na arqueoloxía e na posta en valor do castelo

Inclúe un completo programa de actividades con rutas, visitas de interese e xogos de convivencia

09/06/21 | 15:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta remata as obras da gardería na Cidade da Xustiza e ultima as plantas da torre que albergarán os xulgados

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, acompañado da delegada territorial da Xunta en Vigo, visitou xunto con representantes do Colexio de Avogados e o Colexio de Procuradores de Vigo os avances nas obras da Cidade da Xustiza

09/06/21 | 15:19 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta lembra que os usuarios do novo Carné Xove deben activalo nun dos puntos habilitados

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, acompañada do delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou hoxe un dos puntos de activación en Bande

09/06/21 | 14:39 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta adxudica á empresa Acevi a obra do punto de encontro familiar de Ribeira, que contará cun investimento de 128.500 euros

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou hoxe o espazo onde se situará o PEF

09/06/21 | 14:34 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social destina á Asociación Sarela máis de 400.000 euros para a atención diurna de persoas con dano cerebral

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou esta mañá en Santiago a sede da entidade

09/06/21 | 14:07 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta e o Concello de Dozón abordan a implantación do programa Xantar na Casa

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, explica as vantaxes desta iniciativa ao alcalde desta localidade pontevedresa, Adolfo Campos

08/06/21 | 18:42 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina 104.000 euros a Down Vigo para a promoción da vida autónoma das persoas con discapacidade

Achegouse a coñecer de primeira man as actividades e programas que desenvolven nas súas instalacións

08/06/21 | 15:36 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social inviste preto de 180.000 euros na posta a punto do Albergue Xuvenil As Sinas para este verán

Neste albergue se levan a cabo actividades como vela, táboa piragua, snorkel, perca, fútbol, baloncesto, paddlesurf, entre outros