Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

17/06/21 | 10:41 | C. de Política Social e Igualdade

Mañá abre o prazo para solicitar o Bono concilia, ao que a Xunta destina un orzamento de 2M€

Trátase dunha axuda directa para as familias cuxo primeiro fillo non obtivo praza nun centro público

16/06/21 | 15:48 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta presenta o campo de voluntariado da Laracha, que inclúe actividades medioambientais e arqueolóxicas

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou esta mañá as instalacións que albergarán o Castro de Montesclaros

16/06/21 | 15:38 | C. de Política Social e Igualdade

O DOG publica mañá a nova orde do bono concilia, que a Xunta incrementa este ano nun 10% en todos os seus tramos

Trátase dunha axuda directa para as familias cuxo primeiro fillo non obtivo praza nun centro público

16/06/21 | 15:28 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta invita a todas as galegas e galegos a coñecer a realidade dos menores tutelados

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou na presentación da campaña de Igaxes "Non nos xulgues" para desestigmatizar os nenos e mozos que viven baixo o sistema da protección da Xunta

16/06/21 | 13:34 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza a decisión do comité clínico da volta á normalidade nas residencias de maiores e centros de día mantendo “un extra de precaucións”

Subliña que con esta decisión volve ás residencias e aos centros de día a vida en comunidade e levántanse tamén as restricións ás saídas ao exterior

15/06/21 | 11:58 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García anuncia que Galicia desenvolverá un plan pioneiro de formación para profesionais de atención temperá

O Goberno galego incrementou as unidades de atención ao pasar das dúas existentes no ano 2009 ata as 39 que existen na actualidade

14/06/21 | 14:34 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social reúnese con directores de residencias públicas autonómicas para avanzar na atención sociosanitaria do futuro

O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, expúxolles as principais liñas de traballo nas que está traballando o comité asesor creado no mes de decembro

14/06/21 | 14:15 | C. de Política Social e Igualdade

Máis de 10.000 nenas e nenos de escolas infantís de Galicia benefícianse da gratuidade para segundos fillos e sucesivos da Xunta

O 70% dos pequenos que asisten ao PAI de Boborás reciben atención educativa gratuíta grazas a esta medida