Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

22/07/21 | 20:21 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia subliña durante unha visita á residencia de Ramirás o indispensable labor dos traballadores e o esforzo dos usuarios destes centros durante a pandemia

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, achegouse esta tarde ás instalacións da Fundación Valdegodos

22/07/21 | 15:29 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social pon en valor as actividades de ocio educativo nas paisaxes galegas durante a visita ao minicampamento eco-verán na Ribeira Sacra

A Consellería de Política Social puxo en marcha esta modalidade de ocio estival baixo o nome Coñece Galicia en 2020, e está enmarcada na campaña O verán que mereces
Este ano ofrece 600 prazas para nenos e nenas de entre 10 e 14 anos, 67 máis que no 2020

22/07/21 | 15:19 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia obras de mellora na escola infantil do polígono de Lalín que ascenden a case 36.000 euros

Os traballos afectan a elementos internos e externos da instalación, como a porta de acceso, ventás ou cerres infantís, entre outros

21/07/21 | 16:43 | C. de Política Social e Igualdade

Gabriel Alén salienta o éxito de participación nos campamentos de verán da Xunta

O delegado territorial subliñou que durante o ano pasado Galicia foi das poucas Comunidades que mantivo a campaña de verán e logrou que se desenvolvera sen incidentes, xa que non se rexistrou ningún caso positivo

20/07/21 | 17:09 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social salienta a importancia de fomentar o lecer educativo e saudable no verán na súa visita ao campamento Aventura+ en Lalín

As actividades que se están a desenvolver no Albergue Municipal Vicente Agulló rematarán o próximo luns, 26 de xullo

20/07/21 | 15:47 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta concede máis de 500.000 euros de axudas para o fomento do voluntariado en entidades e concellos

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, coñeceu hoxe o programa de voluntariado xuvenil do Concello de Valga

20/07/21 | 14:36 | C. de Política Social e Igualdade

Fernández-Tapias acompaña nas Illas Cíes aos mozos e mozas que participan no campo de voluntariado da Xunta

Durante 10 días, ata o vindeiro 26 de xullo, os 11 participantes nesta proposta de ocio, enmarcada na campaña “O verán que mereces”, realizarán actividades medioambientais como reforestación e reciclaxe

20/07/21 | 12:55 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García anuncia un programa de visitas e excursións seguras para os usuarios das residencias de maiores durante o verán

Esta iniciativa beneficiará a 600 persoas maiores que residen nestes centros e incluirá paseos en catamarán pola Ribeira Sacra, visitas ao acuario da Coruña ou excursións ao castro de Santa Trega entre outras actividades

19/07/21 | 16:00 | C. de Política Social e Igualdade

Os participantes no campo de voluntariado da Xunta en Palas de Rei dinamizarán o Camiño Francés acondicionando os sendeiros e axudando aos peregrinos

Ademais do campo de voluntariado, tamén ten lugar un campamento para rapazas e rapaces de entre 12 e 14 anos