Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

05/08/21 | 14:35 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta actualiza o protocolo fronte á covid-19 das escolas infantís, que seguirán sendo espazos 100% seguros no curso 2021/22

O Goberno galego adapta o anterior protocolo atendendo ao coñecemento da transmisión da pandemia, aos avances na vacinación e á evidencia científica acadada

05/08/21 | 14:08 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social destaca o valor da aprendizaxe do inglés a través de actividades ao aire libre

Realizan actividades como kaiak, bodyboard, ou sendeirismo, combinado con xogos de interpretación, recreacións teatrais, entre outras

04/08/21 | 17:37 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta analiza co Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia o avance de reforma da Lei de Inclusión Social

No encontro abordáronse diversas cuestións relacionadas coa política de inclusión e a importancia da educación social na mesma

04/08/21 | 13:19 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a importancia de realizar actividades de ocio seguro para a mocidade galega como as que se realizan no campamento xuvenil da Devesa

Nestas instalacións lévanse a cabo actividades como surf, escalada en rocódromo, tiro con arco ou xincanas acuáticas

04/08/21 | 12:01 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia a mellora dos espazos exteriores e do illamento térmico da escola infantil de Campo Lameiro

O Concello executará os traballos, que sufragará o Consorcio mediante a compensación das liquidacións que corresponden abonar á Administración local por este servizo público

03/08/21 | 21:45 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Sanidade establece o nivel máximo de restricións en 9 concellos

Son os municipios de Muros, Baiona, Burela, Foz, Viveiro, Monterroso, Meaño, O Grove e Sanxenxo

03/08/21 | 14:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta renovará a escola infantil da Farixa cun investimento de 34.000 euros

As reformas centraranse na renovación do patio exterior, no que se substituirá o chan actual por placas de caucho de máis calidade

03/08/21 | 12:41 | C. de Política Social e Igualdade

O Espazo Xove de Tui acolle a exposición ‘Xuventude crea. Máis dunha década’, que repasa os dez anos de vida deste programa

Este é o cuarto municipio galego que percorre a mostra, que xa estivo en Ribeira, Lalín e Vigo

02/08/21 | 18:00 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social agradece ás asociacións de escolas infantís o seu esforzo para superar con éxito este curso 2020-2021 marcado pola pandemia

Os centros infantís demostraron ser espazos seguros neste curso, onde o 99% deles permaneceron abertos