Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

12/08/21 | 13:32 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o avance das obras da nova escola infantil da Guarda, que entrará en funcionamento para o curso 2022-2023

Os traballos comezaron o pasado mes de marzo e o prazo de execución previsto é de 14 meses

11/08/21 | 14:25 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social participa no inicio das actividades do campo de voluntariado de Rois dedicado a investigar e poñer en valor o Castro do Lupario

Nesta iniciativa realizan actividades como tiro con arco, obradoiros tradicionais con clases de cerámica e barro ou excursións a Santiago de Compostela

11/08/21 | 12:53 | C. de Política Social e Igualdade

As propostas da campaña de verán da Xunta ofrecen ocio seguro e saudable para persoas con discapacidade

Este campamento acolle desde o pasado 8 de agosto e ata o 17 deste mesmo mes a 15 persoas con discapacidade de entre 19 e 40 anos

11/08/21 | 12:49 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia melloras na escola infantil de Cotobade-Tenorio por 22.000 euros

Perfecto Rodríguez explicou que o obxectivo desta actuación “é que as familias e os seus nenos continúen desfrutando dunhas instalacións de calidade e en bon estado”

10/08/21 | 18:30 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta impulsa o coidado e a conservación da Vía da Prata a través do novo programa de voluntariado ambiental

Dez persoas están a desenvolver actividades de sensibilización e coñecemento do patrimonio ambiental e natural no Camiño de Santiago

10/08/21 | 13:28 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia reformas na escola infantil de Culleredo-A Tartaruga que ascenden a 46.000 euros

Modificarase o emprazamento da sala de berces, melloraranse os aseos da aula de 3 anos e dotarase dun cambiador a aula de 2-3 anos. Ademais, substituiranse as portas exteriores e as luminarias para reducir o consumo enerxético actual

10/08/21 | 12:43 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia pon en valor o papel do voluntariado interxeracional para impulsar o Camiño Inglés ao seu paso por Cambre

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, coñeceu hoxe o programa deste voluntariado do Concello de Cambre

09/08/21 | 14:47 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social aumenta nun 15%, ata os 53.000 euros, o convenio con EAPN-Galicia para facer fronte á pobreza e á exclusión social

O convenio recolle entre os seus obxectivos a creación de grupos de traballo, a organización e participación activa en foros sociais, así como facilitar o intercambio de información entre entidades para mellorar a atención ás persoas máis vulnerables

09/08/21 | 12:55 | C. de Política Social e Igualdade

Ábrese o prazo de convocatoria para solicitar o Bono Coidado da Xunta para axudar á conciliación das familias durante todo o ano

O Goberno galego investirá neste programa 1,8 millóns de euros, ampliables en función das solicitudes, que axuda na conciliación das familias con nenos de ata 12 anos