Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

06/05/22 | 13:23 | C. do Medio Rural

A Xunta creará o comité de honra “Spin Rural” para a innovación en Galicia

José González trasladou tamén neste acto que o vindeiro ano organizarase a segunda edición deste evento e felicitou os participantes polo resultado das diferentes mesas redondas e conferencias

06/05/22 | 10:38 | C. do Medio Rural

A Xunta vén de transferir máis de 14,3 M€ a 3.670 beneficiarios das axudas agroambientais e de agricultura ecolóxica da convocatoria da PAC de 2021

O Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), organismo pagador dependente da Consellería do Medio Rural, realizou as correspondentes transferencias que chegarán ás contas dos particulares ao longo da semana que vén

06/05/22 | 10:24 | C. do Medio Rural

A Xunta estrea mañá a tramitación electrónica para acadar en 2025 as 100 agrupacións forestais de xestión conxunta e os 25.000 silvicultores activos en beneficio do monte galego

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde pola que se regulará o recoñecemento e inscrición nos pertinentes rexistros destas dúas figuras, uns procedementos que estarán abertos durante todo o ano

05/05/22 | 15:09 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta
05/05/22 | 14:14 | C. do Medio Rural

A Xunta pon de relevo a vintena de aldeas modelo aprobadas ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria no 1º encontro de aldeas do século XXI que se celebra en Asturias

Alejandro Sánchez de Dios destacou as posibilidades de dinamización social e económica que ofrece esta figura que xa está servindo para poñer en valor 19 núcleos de poboación galegos, ao tempo que se avanza na anticipación aos incendios forestais

05/05/22 | 14:01 | C. do Medio Rural

Trenor informa de que as axudas da PAC para agricultores e gandeiros ascenderon en 2021 a máis de 9,2 M€ e beneficiaron a máis de 1.240 explotacións da comarca da Coruña

O delegado da Xunta destacou nunha explotación beneficiaria de Mesía estes apoios son os máis importantes para as comarcas rurais de Galicia, tanto polo número de beneficiarios como polo importe concedido

05/05/22 | 13:33 | C. do Medio Rural

A segunda xornada do 'Spin Rural' avalía a innovación vinculada á mocidade, á produción agroalimentaria e ao sector forestal

Analizaranse proxectos promovidos pola Xunta, coma o leite de pastoreo ou o impulso ao mel da nosa comunidade, xunto con outros da iniciativa privada e empresarial

04/05/22 | 14:47 | C. do Medio Rural

A Xunta apoia na comarca de Santiago a contratación de 47 persoas sen emprego para prevención de incendios a través do programa Aprol Rural

O delegado da Xunta informou que, nesta área, a Consellería de Emprego e Igualdade investirá máis de 660.000 euros para a contratación de desempregados para desenvolver este tipo de tarefas

04/05/22 | 13:31 | C. do Medio Rural

Arranca o I Congreso Internacional de Innovación “Spin Rural” organizado pola Xunta

A benvida aos participantes neste evento, que se desenvolve no pazo de Xerlís, na Estrada, correu a cargo da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

04/05/22 | 11:36 | C. de Economía e Industria; C. do Medio Rural

A Xunta asegura que a fábrica de fibras téxtiles será un revulsivo para favorecer a dixitalización da industria forestal e os novos usos da madeira

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en funcións, Francisco Conde, o conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, mantiveron xunto co conselleiro delegado de Altri, Jose Soares, e a directora xeral da Sociedade Impulsa Galicia, Enyd López, un encontro co sector forestal galego sobre este proxecto que se celebrou na Cidade da Cultura