Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

10/05/22 | 14:08 | C. do Medio Rural

Galicia promociona a calidade dos seus viños e augardentes na XI Feira Nacional do Viño-Fenavin

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria actuou hoxe como anfitrión na visita do rei Felipe VI ao espazo galego neste certame de Ciudad Real, no que están presentes máis de medio cento de adegas da nosa comunidade

10/05/22 | 09:30 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello lugués de Begonte, parroquia de Gaibor

Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 39 hectáreas arboradas

10/05/22 | 08:37 | C. do Medio Rural

Controlado o incendio forestal no concello lugués de Begonte, parroquia de Gaibor

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 35 hectáreas

09/05/22 | 18:50 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal no concello lugués de Begonte, parroquia de Gaibor

Segundo novas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 35 hectáreas

09/05/22 | 16:43 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello lugués de Begonte, parroquia de Gaibor

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie provisional superior ás 20 hectáreas

09/05/22 | 13:47 | C. do Medio Rural

A UIFO pon a disposición xudicial o presunto autor reincidente de preto de 20 lumes na comarca pontevedresa do Condado

O labor da Unidade de Investigación de Incendios Forestais fixo posible deter a actividade incendiaria desta persoa, que supostamente foi a causante de 12 incendios neste ano e doutros sete no 2020

08/05/22 | 11:31 | C. do Medio Rural

Xa están no mercado os primeiros produtos madeireiros acollidos á plataforma Fortra impulsada pola Xunta para garantir a súa orixe, trazabilidade e pegada de carbono

A compostelá Finsa vén de comezar a distribuír a través de Leroy Merlin as primeiras tapas de madeira provistas dun código QR xerado por este sistema do Goberno galego, para que os consumidores poidan consultar toda a súa información

07/05/22 | 15:06 | C. do Medio Rural

A Xunta tende a man ao Concello de Vigo para deseñar un anel verde que poña en valor os montes da contorna da cidade e protexa persoas e bens fronte aos lumes forestais

José González apelou ao consistorio vigués á colaboración institucional e insistiu no chamamento para que se incorpore ao convenio de protección das aldeas, ao que xa están adheridos 273 municipios xunto co Goberno galego, a Fegamp e Seaga

07/05/22 | 13:28 | C. do Medio Rural

A Xunta promocionará a semana que vén en Fenavin os viños das denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas galegas xunto coas augardentes e licores tradicionais

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participará nesta feira de referencia do viño español, que se desenvolverá en Ciudad Real do 10 ao 12 de maio e na que estarán representadas máis de medio cento de adegas galegas

06/05/22 | 13:36 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca a importancia das axudas de incorporación de mozos como medio para fomentar a remuda xeracional no agro galego

José Balseiros, que estivo acompañado polo delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, lembrou que só na convocatoria deste ano o Goberno galego destina 15 millóns de euros a esta liña de subvencións