Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

25/05/22 | 20:46 | C. do Medio Rural

A Xunta reafirma o seu apoio ao sector cárnico sumando ás axudas directas da pandemia o protocolo de entendemento entre a cadea de valor e a súa estratexia sectorial

José González lembrou que máis de 4.600 explotacións recibiron un montante total superior aos 7 millóns de euros, no marco das achegas polos efectos da covid-19 que tamén beneficiaron o sector da planta ornamental, da flor cortada e do viño

25/05/22 | 19:42 | C. do Medio Rural

A Xunta presenta o primeiro produto amparado polo selo de calidade de artesanía alimentaria

José Luis Cabarcos puxo en valor que se trata dunha cervexa ecolóxica producida por Kalinka Lagazós S.L., elaborada con ingredientes cultivados na propia explotación do operador (cebada e lúpulo)

25/05/22 | 18:36 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca as posibilidades que ofrece a Lei de recuperación da terra agraria para impulsar a produción das catro indicacións xeográficas protexidas do viño galegas

Inés Santé lembrou que xa se están tramitando polígonos agroforestais para aumentar o cultivo de viñedo amparado polas denominacións de orixe Rías Baixas, Ribeiro e Monterrei, e que este potencial se podería trasladar tamén ás IXP vitícolas

Ao tempo, enxalzou o proxecto “Viños das IXP de Galicia”, no que participan seis grupos de desenvolvemento rural coordinados polo GDR Pontevedra-Morrazo e 15 adegas, e que recibiu unha axuda da medida Leader de preto de 90.000 euros
 

25/05/22 | 17:27 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor o proceso participativo aberto para actualizar a Lei de montes veciñais en man común de Galicia

José González lembrou que se vén de pechar o prazo para que todos os interesados presentasen achegas á futura norma, recalcando que aínda non hai texto ningún para lograr este impulso dos montes veciñais recollido no Plan Forestal 2021-2040

25/05/22 | 10:48 | C. do Medio Rural

A Xunta publica o acordo de reestruturación parcelaria da zona de Arantón-Santa Sabiña, no concello coruñés de Santa Comba, tras investir case 3 millóns de euros

O Diario Oficial de Galicia fai público hoxe o anuncio pertinente da Consellería do Medio Rural, sobre esta reorganización territorial que afecta a unha superficie total de 1.515 hectáreas

25/05/22 | 10:36 | C. do Medio Rural

A Xunta amplía ata o 30 de setembro deste ano o prazo para executar e xustificar as axudas destinadas ao impulso da boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural que modifica este prazo que inicialmente remataba o 30 de xuño, para paliar as dificultades derivadas da pandemia da covid-19

24/05/22 | 19:35 | C. do Medio Rural

A Xunta pon de relevo o potencial da próxima Lei da calidade alimentaria para enxalzar o produto das catro indicacións xeográficas protexidas do viño galegas

No marco desta posta en valor, José Luis Cabarcos tamén se referiu á Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia promovida pola Xunta, que persegue consolidar o sector nos diferentes mercados

24/05/22 | 12:57 | C. do Medio Rural

A Xunta ensaia a coordinación práctica dos plans de loita contra incendios forestais cun simulacro en Portomarín

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou nos labores, que despregaron a un centenar de efectivos polas parroquias de Bagude e Gonzar

24/05/22 | 11:06 | C. do Medio Rural

A Xunta tramita a inscrición de parte dos montes Carballal de lobos e Campo da Gonza, da Veiga, no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas

O DOG publica hoxe os anuncios da Consellería do Medio Rural polos que se someten a información pública estes procedementos de inscrición no devandito rexistro

23/05/22 | 09:36 | C. do Medio Rural

A Xunta inscribe seis mouteiras das provincias da Coruña e Lugo no Rexistro galego de materiais de base para a produción de materiais forestais de reprodución

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución que dá publicidade á autorización de seis mouteiras situadas en Coristanco, Culleredo, As Pontes, A Fonsagrada, Lugo e Guitiriz para a produción de material forestal de calidade de interese para a industria