Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

30/05/22 | 13:03 | C. do Medio Rural

A Xunta constata a venda a perdas xeneralizada no sector de vacún de carne e intensifica as medidas para paliar esta situación

José González sinalou que estes resultados vanse trasladar aos asinantes do protocolo da cadea de valor da carne, coordinado pola Xunta, así como a necesidade de cumprir a lei neste eido

30/05/22 | 13:02 | C. do Medio Rural

A Xunta concede 55 traballadores a 35 concellos da área territorial de Pontevedra ao abeiro do programa‘Aprol rural’

O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, informou da resolución desta orde de axudas nunha visita ao Concello de Cerdedo-Cotobade, que vai dispoñer de tres empregados cunha achega de máis de 44.000€, xunto ao alcalde, Jorge Cubela

30/05/22 | 10:56 | C. do Medio Rural

A Xunta alleou 19 lotes de madeira por preto de 640.000 euros na última poxa pública electrónica celebrada na Coruña

Os importes acadados veñen confirmar a suba de prezos da madeira de coníferas avanzada en anteriores poxas, sendo previsible que continúen á alza no futuro debido a que esta madeira está sendo moi demandada internacionalmente

29/05/22 | 12:29 | C. do Medio Rural

A Xunta pon de relevo na misión biolóxica de Galicia o traballo do centro de investigación forestal de Lourizán a prol da recuperación dos terreos afectados polo lume

A investigadora Cristina Fernández presentou os avances á hora de predicir o risco de erosión do solo tras os incendios forestais neste centro dependente do Consejo Superior de Investigaciones Científicas

28/05/22 | 12:22 | C. do Medio Rural

A Xunta inicia coa cooperativa CLUN unha rolda de contactos co sector lácteo para facer balance das medidas implementadas ao abeiro da estratexia sectorial

Os representantes de Medio Rural constataron os avances na rendibilidade dos socios da cooperativa, grazas á suba do prezo do litro de leite e á aposta de CLUN polos produtos con valor engadido, en liña cos obxectivos da Estratexia do Goberno galego

27/05/22 | 14:51 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Coles avaliarán a posta en marcha dun polígono agroforestal no marco da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia

O rexedor trasladou o interese de implementar esta figura de posta en valor nunha zona en estado de abandono do municipio
 

27/05/22 | 14:40 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta por superar os 10,9 millóns de metros cúbicos de corta de madeira como obxectivo de futuro para o sector forestal galego

José González sinalou que o Goberno galego continuará avanzando no marco legal deste eido produtivo, mediante iniciativas como a Lei de recuperación da terra agraria, o desenvolvemento do Plan Forestal ou a futura Lei de loita integral contra os incendios forestais

27/05/22 | 10:23 | C. do Medio Rural

Organizada pola Axencia Galega da Calidade Agroalimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, a acción está prevista o vindeiro xoves 2 de xuño na aula informática do edificio administrativo da Xunta

Organizada pola Axencia Galega da Calidade Agroalimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, a acción está prevista o vindeiro xoves 2 de xuño na aula informática do edificio administrativo da Xunta

26/05/22 | 13:03 | C. do Medio Rural

A Xunta inicia os traballos para a mellora e modernización do regadío da Limia nos que se invisten preto de 4 M€

José González anunciou que a Xunta constituirá unha oficina de regantes para ter permanentemente informados de todos os pasos deste proceso aos propietarios das parcelas e ás comunidades

26/05/22 | 11:11 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor os máis de 100.000 euros investidos no novo centro de día de Moaña para persoas maiores ao abeiro do programa Leader

A subvención -que cubriu o 70% do custo do centro- foi seleccionada a través do grupo de desenvolvemento rural Pontevedra-Morrazo, en beneficio da Asociación de familiares de persoas con alzhéimer e outras demencias do Morrazo (AFAMO)