Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

09/06/22 | 13:26 | C. do Medio Rural

Expertos chilenos e galegos colaboran na mellora xenética do piñeiro radiata en Galicia ao abeiro do convenio entre a Xunta e a Fundación Arume

Dous especialistas chilenos atópanse en Galicia nunha estadía dun mes, co obxecto de colaborar na elaboración da estratexia de mellora xenética do piñeiro radiata da nosa comunidade

09/06/22 | 11:21 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste máis de 150.000 euros en accións de prevención de incendios forestais na Terra Chá

As actuacións de prevención lévanse a cabo nos montes dos concellos da Pastoriza, Pol, Begonte e Castro de Rei

08/06/22 | 15:06 | C. do Medio Rural

Trenor destaca o intenso traballo dos distritos na prevención e loita contra os incendios forestais

O delegado da Xunta visitou o distrito forestal situado en Vimianzo para saudar ao persoal e coñecer de primeira man o traballo que desenvolven

08/06/22 | 14:08 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta pola internacionalización dos viños e augardentes galegos apoiando a súa presenza en feiras como a London Wine Fair

José Gonzalez reafirmou o compromiso do Goberno galego con este eido, a través de iniciativas como a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia ou a futura Lei da calidade alimentaria, entre outras

08/06/22 | 13:22 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca as axudas para o adianto da PAC

Estas subvencións permitirán adiantar aos agricultores e gandeiros galegos uns 200 millóns de euros das achegas da Política Agrícola Común, financiando os xuros cun custo para a Administración autonómica de 3,4 millóns de euros

08/06/22 | 12:00 | C. do Medio Rural

O xardín Botánico de Lourizán será nomeado socio numerario da Asociación Ibero-Macaronésica de xardíns botánicos

O seu nomeamento farase efectivo mañá no XVI Congreso da asociación en Madrid, nun acto ao que asistirán o director do CIF de Lourizán e un do seus investigadores

08/06/22 | 11:09 | C. do Medio Rural

Preto dunha decena de comunidades de montes beneficiaranse de 500.000 euros para previr os danos causados por enfermidades fúnxicas en masas de coníferas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural que dá publicidade ás axudas aprobadas no mes de xaneiro deste ano 2022

07/06/22 | 18:44 | C. do Medio Rural

A Xunta destina este ano 2,1 M€ a apoiar o funcionamento dos Consellos Reguladores dos viños e augardentes galegos e o seu labor de promoción e de control da calidade

José Gonzalez reafirmou a aposta do Goberno galego pola internacionalización dos nosos viños e augardentes, que se manifesta a través da Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia e coa futura Lei da calidade alimentaria, entre outras iniciativas

07/06/22 | 15:19 | C. do Medio Rural

A Xunta e Acruga avanzan no impulso ao sector gandeiro de vacún de Galicia

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, mantivo un encontro de traballo cos responsables desta Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de raza Rubia Galega

07/06/22 | 12:48 | C. do Medio Rural

O DOG publica hoxe a declaración de utilidade pública das aldeas modelo do Seixo na Gudiña, Carzoá en Cualedro, Covelo en Taboadela, Francos de Proendos en Sober e Mouteira-Parada en Cerdedo-Cotobade

Trátase das primeiras cinco aldeas declaradas tras a entrada en vigor da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia e ás que se lle aplicará esta novidade, que implica o recoñecemento da existencia de razóns de interese público para a tramitación de urxencia do seu procedemento e dos informes ambientais e sectoriais respectivos