Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

13/06/22 | 20:31 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Rueda resalta o impulso ao desenvolvemento rural do Programa Leader que mobilizou máis de 930 M€ no agro galego nos últimos 30 anos

Nas tres últimas décadas, o programa Leader permitiu apoiar 7.300 proxectos que mobilizaron máis de 930 millóns de euros, así como consolidar case 6.000 empregos e crear máis de 5.000 novos

13/06/22 | 15:14 | C. do Medio Rural

A Xunta amosa a riqueza forestal de Galicia e a súa experiencia na loita contra os incendios a expertos chilenos que colaboran na mellora xenética do piñeiro

Os directores xerais de Defensa do Monte, de Planificación e Ordenación Forestal e da Axencia Galega da Industria Forestal recibiron esta mañá aos especialistas do país suramericano, que tamén coñeceron o Centro de Coordinación de loita contra os incendios forestais en San Lázaro

13/06/22 | 13:02 | C. do Medio Rural

A Xunta destinou máis de 100.000 € a acondicionar e mellorar o novo centro de coordinación provincial e de distrito contra incendios forestais de Ourense

José González puxo en valor os avances tecnolóxicos desenvolvidos neste centro e enmarcou esta actuación na mellora xeral da organización e coordinación operativa do servizo de loita contra os incendios forestais en Galicia que leva a cabo a Xunta

10/06/22 | 12:56 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor o Plan estratéxico do castiñeiro co que se prevé plantar ata o 2025 unhas 3.500 hectáreas para froito e outras 2.000 para madeira

José González explicou que este programa contempla un investimento público e privado de case 22 millóns de euros ata o 2025 e que ten como obxectivo global recuperar unhas 8.000 hectáreas de soutos e plantar outras 16.000 máis, para a produción de madeira e de froito, no horizonte de 2040

10/06/22 | 12:08 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor o medio rural e o mar de Galicia no festival da New Bauhaus, ideado para pensar a sociedade do futuro

O director da Axencia Galega da Industria participou na lectura duns contos cunha mensaxe visibilizadora sobre formas de desenvolvemento sostible

10/06/22 | 11:08 | C. do Medio Rural

A Xunta publica a versión definitiva das guías de ordenación produtiva cos usos máis idóneos para as aldeas modelo de Pedrosa en Riós e Bustelo de Fisteus en Quiroga

Os produtores interesados en incorporarse a algunha destas aldeas poden consultar as guías nos taboleiros de anuncios dos concellos pertinentes ou na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

09/06/22 | 17:06 | C. do Medio Rural

Medio Rural pon en valor as aldeas modelo e o Proxecto Horta como iniciativas destinadas a reconectar coa natureza e promover a economía circular

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural explicou ambos proxectos na mesa de diálogo celebrada no marco do festival New European Bauhauss Galicia

09/06/22 | 16:27 | C. do Medio Rural

A Xunta valora e recoñece o labor dos catadores das catas de viños, augardentes e licores tradicionais de Galicia 2022

O conselleiro do Medio Rural, José González, entregou diplomas a unha vintena de catadores encargados de probar e cualificar máis de 400 mostras de viños, augardentes e licores de herbas e café