Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

18/06/22 | 09:11 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 08,30 h. de hoxe

Permanece activo o incendio no concello de Vilariño de Conso, parroquia de Pradoalbar, que afecta unhas 10 hectáreas do parque natural do Invernadoiro

17/06/22 | 19:10 | C. do Medio Rural

Controlado o lume da parroquia de Seadur, no concello ourensán de Larouco, que segundo as últimas medicións afecta unhas 120 hectáreas

O incendio rexistrado na parroquia de Freixido permanece estabilizado e afecta unhas 140 hectáreas de terreo

17/06/22 | 15:07 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que Galicia é lider nacional na produción de pensos compostos para o gando bovino

José González sinalou que para manter esta importante actividade resulta fundamental afrontar con éxito os retos que se lle presentan ao sector gandeiro e conseguir que os prezos da carne e do leite aumenten para cubrir custos de produción

17/06/22 | 14:44 | C. do Medio Rural

A Xunta explica o informe sobre custos de produción no sector da carne a representantes da industria

Esta xuntanza forma parte da rolda de contactos que está levando a cabo a Consellería cos diferentes axentes do sector para abordar a situación de venda a perdas neste eido produtivo

17/06/22 | 14:10 | C. do Medio Rural

A Xunta recibiu xa máis de 70 solicitudes de particulares e de empresas para incorporarse ao selo de Artesanía Alimentaria

O responsable da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, detallou que preto de 50 destas peticións corresponden a particulares e as máis de 20 restantes a empresas

17/06/22 | 11:57 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza en Bergondo unha acción de formación profesional e adquisición de competencias no emprego de drons no sector agroforestal e agricultura de precisión

O curso terá lugar do 23 ao 30 de xuño e levarase a cabo no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Guísamo

16/06/22 | 20:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Xunta destaca que a estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia é clave no impulso á internacionalización deste sector

O Goberno galego destacou a súa aposta pola revalorización da terra mediante ac-tuacións en ladeiras históricas e co impulso á calidade e á diferenciación das varie-dades autóctonas

16/06/22 | 18:03 | C. do Medio Rural

Activos dous lumes no concello ourensán de Larouco, parroquias de Seadur e Freixido

O lume que comezaba onte na parroquia de Seadur afecta unha superficie provisional dunhas 100 hectáreas

16/06/22 | 12:36 | C. do Medio Rural

A Xunta outorga ao comedor escolar do CPR Plurilingüe la Milagrosa a distinción km 0 na terceira edición da campaña “Come local”

Este é o décimo comedor escolar galardoado con esta distinción, que forma parte da iniciativa levada a cabo pola Consellería do Medio Rural e a asociación Slow Food Compostela