Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

15/07/22 | 17:31 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor o potencial do sector forestal galego para lograr un territorio cohesionado, rendible e comprometido coa sustentabilidade

Os directores destacaron que -de cara ao ano 2024- se persegue acadar os 25.000 empregos directos e os 2.700 millóns de euros de facturación no sector, cun volume de 10.900 millóns de metros cúbicos de cortas de madeira

15/07/22 | 17:07 | C. do Medio Rural

Solicitada como medida preventiva a situación 2 no incendio forestal activo no municipio lugués da Pobra do Brollón, parroquia de Saa

Esta situación operativa decrétase pola proximidade do lume -que afecta provisionalmente unhas 65 hectáreas- ao núcleo do Busto

15/07/22 | 15:47 | C. do Medio Rural

A Xunta promocionará a calidade dos produtos galegos na 99ª edición do festival de Cornualles

Unha serie de produtos con indicativo de calidade participarán nunha xornada sobre cultura gastronómica galega o próximo venres, que consistirá nunha conferencia e nunha cata

15/07/22 | 15:28 | C. do Medio Rural

A Xunta prevé decretar ao longo deste ano catro novas zonas de concentración parcelaria na provincia de Ourense

Estas novas parcelarias suporán a reorganización de case 4.600 hectáreas de superficie, distribuídas en preto de 15.400 parcelas propiedade de 2.300 veciños

15/07/22 | 14:46 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 14,00 h. de hoxe

Decretada a Situación 2 como medida preventiva no incendio forestal rexistrado no concello de Folgoso do Courel, parroquia de Seceda, que afecta unha superficie de 200 hectáreas

15/07/22 | 11:33 | C. do Medio Rural

A Xunta decreta como medida preventiva a situación 2 no incendio forestal de Folgoso do Courel, parroquia de Seceda

Esta situación operativa decrétase pola proximidade do lume ao núcleo de Gamiz, parroquia de Santalla, no concello limítrofe de Samos

15/07/22 | 10:26 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca o procedemento de adxudicación de prazas de residencia e comedor para os centros de formación e experimentación agraria

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, coa convocatoria e as bases destas achegas

15/07/22 | 08:27 | C. do Medio Rural

Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 8 horas de hoxe

Activo un lume no concello de Folgoso do Courel, parroquia de Vilamor, que afecta unha superficie estimada de 92 hectáreas
 

14/07/22 | 19:47 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe

 Quedou estabilizado o incendio rexistrado no concello de Melón, parroquia de Quins, con 50 hectáreas afectadas

14/07/22 | 17:53 | C. do Medio Rural

A Xunta lembra que a lei prohíbe o uso de fogos de artificio e pirotecnia en terreos forestais ou de influencia forestal en zonas nas que o índice de risco de incendios sexa extremo

A Consellería do Medio Rural vén de enviar circulares aos concellos galegos para lembrar esta prohibición recollida na Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia co gallo de previr lumes ante vindeiras festividades