Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

18/07/22 | 16:43 | C. do Medio Rural

Solicitada como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal activo en Oímbra, parroquia de Rabal

A situación operativa de emerxencia que se solicita neste incendio responde á proximidade do lume aos núcleos de Rabal e Mandín
 

18/07/22 | 15:47 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Rueda garante que a Xunta traballa con todos os efectivos e medios dispoñibles para controlar os incendios e agradece o labor dos equipos de extinción

O titular do Goberno galego confirma que os lumes están relacionados cun fenómeno “inusual” de tormentas e lóstregos que deron lugar á aparición de máis de 50 incendios a partir do pasado xoves

18/07/22 | 13:19 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,00 h. de hoxe

Desactivada a Situación 2 que se decretara como medida preventiva nos dous incendios activos en Oímbra, parroquias de Videferre e San Cibrao, o primeiro con 350 hectáreas afectadas provisionais e o segundo con máis de 20 ha

18/07/22 | 10:33 | C. do Medio Rural

Solicitada a desactivación da situación 2 no incendio forestal rexistrado no concello de Palas de Rei, parroquia de Ramil

Permanecen declaradas as Situacións 2 en tres incendios en Folgoso do Courel, na Pobra do Brollón e en Carballeda de Valdeorras

18/07/22 | 09:55 | C. do Medio Rural

Solicitada a desactivación da situación 2 nos dous incendios forestais rexistrados no concello de Oímbra, parroquias de San Cibrao e Videferre

Permanecen declaradas as Situacións 2 en tres incendios en Folgoso do Courel, na Pobra do Brollón, en Palas de Rei e en Carballeda de Valdeorras

18/07/22 | 08:44 | C. do Medio Rural

Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 8h. de hoxe

Segue decretada a Situación 2 como medida preventiva no incendio de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Riodolas, que afecta unhas 2.400 hectáreas
 

18/07/22 | 07:33 | C. do Medio Rural

Solicitada como medida preventiva a situación 2 no incendio forestal activo en Palas de Rei, parroquia de Ramil

A situación operativa de emerxencia que se solicita neste incendio -que supera as 20 hectáreas- responde á proximidade do lume aos núcleos de Pambre e Chorexe
 

17/07/22 | 16:18 | C. do Medio Rural

A Xunta prevé decretar ao longo deste ano sete novas zonas de concentración parcelaria na provincia de Lugo

Estas novas parcelarias suporán a reorganización de case 4.600 hectáreas de superficie, distribuídas en preto de 15.400 parcelas propiedade de 2.300 veciños