Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

23/07/22 | 16:27 | C. do Medio Rural

Efectivos da UIFO localizan un artefacto incendiario nun conato xa extinguido no distrito forestal XVIII (Vigo-Baixo Miño)

O achado forma parte do traballo de investigación e vixilancia que realizan os profesionais da Unidade de Investigación de Incendios Forestais da Consellería do Medio Rural

23/07/22 | 12:46 | C. do Medio Rural

Trenor e o alcalde de Touro analizan a proposta da nova parcelaria en Fao-Novefontes que reorganizará 8.589 parcelas para optimizar o uso desta zona agrícola

Esta reestruturación agraria ten un ámbito de actuación de 725 hectáreas que son propiedade de case 681 veciños

22/07/22 | 19:22 | C. do Medio Rural

Desactivada a situación 2 nos incendios forestais do Courel (Lugo) e de Valdeorras (Ourense)

Trátase dos lumes de Folgoso do Courel-A Pobra do Brollón, Folgoso do Courel-Seceda, ambos na provincia de Lugo, e de Carballeda de Valdeorras-Riodolas, na de Ourense

22/07/22 | 15:43 | C. do Medio Rural

A Xunta aproba o acordo de reestruturación parcelaria da zona de concentración de Fisteus, no Concello de Curtis

Esta reorganización territorial afecta a unha superficie total de 3.503 hectáreas, distribuídas en preto de 10.000 parcelas e 1075 propietarios
 

22/07/22 | 15:30 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca as axudas para compensar as dificultades económicas da invasión rusa de Ucraína no sector gandeiro de carne por importe de 11,8 M€

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución do Fondo Galego de Garantía Agraria, dependente da Consellería do Medio Rural, coa convocatoria e as bases destas achegas