Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

28/07/22 | 16:34 | C. do Medio Rural

Axentes ambientais da Xunta localizan indicios de intencionalidade en dous conatos de incendio no distrito forestal XIX que investiga a UIFO

Os directores de extinción destes lumes deron conta dos achados aos profesionais da Unidade de Investigación de Incendios Forestais da Consellería do Medio Rural, que están a realizar as pesquisas oportunas
 

28/07/22 | 12:12 | C. do Medio Rural

A Xunta destina catro millóns de euros en axudas para a reposición de explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras danadas polos incendios forestais do Courel e de Valdeorras

A convocatoria de axudas -que sairá mañá venres no Diario Oficial de Galicia- tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva e por rateo, cuns límites máximos que estarán fixados na convocatoria segundo o tipo de beneficiario

28/07/22 | 10:27 | C. do Medio Rural

A Xunta cédelle ao concello de Ordes a titularidade de dúas parcelas situadas na concentración parcelaria de Parada para fins de interese xeral

O Goberno local solicitou a titularidade destes predios á Consellería do Medio Rural co fin de ampliar a área recreativa da Estación de Pontraga

27/07/22 | 10:53 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza en Muras un curso de perfeccionamento da apicultura

A acción formativa, de 20 horas de duración total, terá lugar os 5, 6, 7 e 19 de agosto na Casa do Concello e no apiario didáctico deste municipio