Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta remata a parcelaria de Mondoñedo Norte tras reorganizar unha superficie de máis de 800 hectáreas e investir máis de 2,2 millóns de euros
José González destacou que, grazas a este traballo, a superficie media das parcelas triplicouse, pasando de 1.525 a 5.746 metros cadrados e de 5.317 predios a 1.335 parcelas finais
A Xunta pon en valor os instrumentos da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia para a loita contra os incendios forestais
Ambos directores xerais defenderon a importancia da ordenación do territorio como elemento imprescindible para reducir o risco de incendios, mitigar o seu impacto e axudar ao seu control
A Xunta destaca o traballo dos últimos dous anos dos GDR galegos en prol do rural
A directora xeral indicou que precisamente hoxe é un día especial para falar do futuro do programa Leader, xa que é o día no que se asinaron as addendas aos convenios cos 24 grupos de desenvolvemento rural de Galicia
A Xunta pon en valor os avances que supón o proxecto europeo interlumes na mellora da loita contra os incendios forestais na fronteira hispano-lusa
Manuel Rodríguez destacou os 9 millóns de euros de investimento previsto, co obxectivo central de reforzar a capacidade operativa de resposta na extinción de incendios forestais no territorio transfronteirizo
A Xunta destaca a importancia da formación e da transferencia de coñecementos na mellora da profesionalización e da competitividade no agro
José Luis Cabarcos salientou que o Goberno galego centra os seus esforzos tanto na transferencia tecnolóxica como na formación profesional e adquisición de competencias por parte dos profesionais do sector agrogandeiro e forestal
A Xunta pon en valor o futuro matadoiro móbil como ferramenta para favorecer a comercialización das producións cárnicas de zonas de montaña
Os responsables da Consellería animaron os representantes de Ovica a continuar traballando por estas producións e a aproveitar a Lei de recuperación da terra agraria, xa que a nosa comunidade conta con moita superficie útil para ese tipo de gando
A Xunta convoca un millón de euros en axudas para a plantación de arredor de 520 hectáreas de frondosas e coníferas nos montes galegos
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde de axudas da Consellería do Medio Rural, que procura favorecer o aumento da diversidade e da superficie forestal arborada, ao tempo que se avanza na anticipación aos incendios
A Xunta investirá preto de 46.000 euros na mellora de dous camiños rurais do concello de Rairiz de Veiga
José González trasladoulle á rexedora deste concello ourensán que esta actuación está enmarcada no Plan de extraordinario de reparación de camiños da Limia, o cal conta cun orzamento global para a súa segunda fase de máis de 550.000 euros