Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

10/08/22 | 18:59 | C. do Medio Rural

A Xunta solicita a declaración da situación 2 para o distrito forestal XI O Ribeiro-Arenteiro debido aos incendios rexistrados nos concellos do Irixo, Boborás e O Carballiño

Esta situación operativa de emerxencia decrétase pola proximidade do lume a diversos núcleos de poboación na contorna destes incendios

10/08/22 | 15:25 | C. do Medio Rural

A Xunta solicita a declaración da situación 2 no incendio forestal activo no concello de Laza, parroquia de Camba

Esta situación operativa de emerxencia decrétase pola proximidade do lume ao núcleo das Taboazas, no concello lindeiro de Chandrexa de Queixa

10/08/22 | 13:04 | C. do Medio Rural

Un total de 30 patrullas do Exército súmanse aos efectivos antiincendios da Xunta para reforzar a vixilancia, a disuasión e a identificación dos potenciais axentes do lume

José González destacou que as Forzas Armadas se incorporan ao operativo, que se complementa con tecnoloxías como drons ou 148 cámaras fixas de última xeración sobre o terreo que mesmo poden identificar matrículas nas pistas

09/08/22 | 11:47 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca a importancia da colaboración público-privada ao servizo das explotacións agrogandeiras de Galicia

José González puxo en valor o apoio da Xunta a esta empresa dende o inicio da súa actividade, así como o seu o crecemento “exponencial”, que lle permitiu converterse en referente na xestión de subprodutos cárnicos non destinados ao consumo humano nin animal