Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

28/08/22 | 12:46 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a calidade e a variedade dos viños e dos espumosos do Condado do Tea, que non deixan de conquistar novos mercados

Subliña o éxito das variedades desta subzona da D.O. Rías Baixas, “unha terra mimada para o cultivo do viño polo coidado de 1.500 viticultores”

27/08/22 | 11:16 | C. do Medio Rural

A Unidade de Investigación de Incendios Forestais pilla in fraganti unha muller en Amoeiro cando se desprazaba polo monte con pastillas de acendido e un chisqueiro

A investigación estase a realizar conxuntamente con axentes da Policía Autonómica da xefatura de Ourense e as actuacións remitiranse o Xulgado de primeira instancia de Ourense

26/08/22 | 17:47 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal rexistrado no concello de Lobeira, parroquia de San Xes de Vilariño

Segundo as últimas medicións realizadas, o lume afecta unha superficie estimada de 560 hectáreas dentro do parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés

26/08/22 | 13:28 | C. do Medio Rural

A Xunta lembra aos afectados polo incendio forestal de Valdeorras que están en prazo de solicitar as axudas para a reposición de explotacións forestais, agrícolas e gandeiras

No encontro cos representantes das comunidades de montes de Carballeda de Valdeorras, O Barco de Valdeorras e Rubiá, o titular de Medio Rural lembrou o contido das achegas económicas de 4 millóns de euros convocadas polo seu departamento

26/08/22 | 11:00 | C. do Medio Rural

A Xunta promoverá os produtos de calidade do agro galego no Festival da Luz en Boimorto

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, programou para este evento unha serie de actividades e degustacións de produtos galegos con indicativo de calidade para todos os públicos

25/08/22 | 13:52 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza a publicación dunha convocatoria de axudas para impulsar o uso da madeira no eido da construción

Jacobo Aboal adiantou que esta liña de achegas financiará os custos na redacción dos proxectos de execución, así como do material de madeira sempre que a edificación incorpore unha porcentaxe mínima deste material