Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

30/08/22 | 13:37 | C. do Medio Rural

A Xunta publica as guías de ordenación produtiva cos usos máis idóneos para as aldeas modelo de Osmo en Cenlle e de Muimenta en Carballeda de Avia

Os produtores interesados en incorporarse a algunha destas aldeas poden consultar as guías nos taboleiros de anuncios dos concellos pertinentes ou na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

30/08/22 | 11:15 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza en Vilalba un curso de formación complementaria á análise sensorial dos queixos galegos con denominación de orixe protexida

A acción formativa terá lugar os días 5 e 7 de setembro na Asociación de Empresarios Sete Pontes, en Vilalba

30/08/22 | 11:11 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en marcha unha oficina para informar dos avances na mellora e modernización do regadío da Limia aos propietarios das parcelas e ás comunidades de regantes

Inés Santé sinalou que poderán achegarse os propietarios de predios xa adheridos ao regadío, os interesados en incorporarse e -en xeral- os que estean de acordo coa posta en marcha de polígonos agroforestais que facilitarán as obras de ampliación

30/08/22 | 11:03 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza en Boqueixón unha acción de formación profesional e adquisición de competencias en cultivos de outono/inverno na horta ecolóxica

O curso terá lugar os días 5, 7, 12, 14, 19 e 21 de setembro, en horario de tarde, no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude

30/08/22 | 10:36 | C. do Medio Rural

As axudas da Xunta para promover o emprego de maquinaria agrícola en réxime asociativo están dotadas con 7 M€ para os anos 2022 e 2023

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a correspondente convocatoria destas achegas, destinadas a cooperativas ou sociedades agrarias de transformación

29/08/22 | 16:50 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza en Xinzo de Limia unha xornada de campo sobre o uso de antixerminante na pataca

A acción formativa terá lugar o vindeiro mércores no campo de ensaios do centro de desenvolvemento agrogandeiro desta localidade ourensá