Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

13/09/22 | 11:34 | C. do Medio Rural

A Xunta detecta tres casos máis de gripe aviaria en mascatos

Os casos positivos corresponden a individuos recollidos no Grove, Muros e Carballo, que logo foron trasladados aos Centros de Recuperación de Fauna Silvestre
 

12/09/22 | 14:57 | C. do Medio Rural

A Xunta acomete a primeira fase da nova rede de camiños secundarios da Concentración Parcelaria de Tremoedo cun investimento de 480.000 €

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, visitaron esta mañá as obras, que inclúen a execución de 42 pistas de nova apertura cunha previsión de remate neste mesmo ano
 

12/09/22 | 13:01 | C. do Medio Rural

A Xunta anima á mocidade galega a formarse no sector primario para sumarse ás oportunidades que ofrecen eidos como o forestal ou o agroalimentario

José Luis Cabarcos apuntou que se ofertaron 299 prazas novas nos ciclos medios e superiores dos centros de formación e experimentación agraria -un 9,4% máis có curso anterior- e que as últimas vacantes se poden solicitar ata o 23 de setembro
 

12/09/22 | 12:40 | C. do Medio Rural

A Xunta lembra que se poden solicitar ata o 15 de setembro os máis de 17 M€ de axudas directas para o sector cárnico que buscan paliar a suba de custos de produción

Os gandeiros interesados poderán recibir estes cartos de xeito áxil e extraordinario, mediante unha operación de anticipo a un ano acordada coas entidades financeiras que se fará con custo cero para os beneficiarios

12/09/22 | 11:37 | C. do Medio Rural

A Xunta pon a carpintería Casabío de Salvaterra de Miño como exemplo da dixitalización da industria forestal para a que se poden solicitar axudas por un importe de 2,5 M€

Jacobo Aboal lembrou que está aberto o prazo de solicitude destas achegas do Goberno galego para a dixitalización da industria forestal e o impulso do ecodeseño e da economía circular

09/09/22 | 17:53 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o seu compromiso a prol da conservación das razas autóctonas galegas, apostando pola súa protección e defensa

O conselleiro do Medio Rural asistiu esta tarde á XXV edición do concurso-exposición de gando bovino no concello de Castro Caldelas

09/09/22 | 14:44 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Outes colaborarán na posta en valor de terras neste municipio a través das ferramentas da Lei de recuperación

Na reunión, José González animou ao rexedor a localizar zonas para desenvolver posibles polígonos agroforestais e avaliouse a posibilidade de levar a cabo melloras nas infraestruturas rurais

09/09/22 | 13:15 | C. do Medio Rural

A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal no concello de Ourense

O lume produciuse ao caer unha árbore sobre un tendido de liña eléctrica durante unha tala
 

09/09/22 | 12:49 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que o mercado dixital “Experiencias de Calidade” permite promocionar e impulsar as vendas dos produtos galegos con selo diferenciado

José Luis Cabarcos destacou que esta nova canle de comercialización online facilita un achegamento entre o produtor e o consumidor, dando así a coñecer as particularidades e características diferenciadas destas producións de calidade