Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

10/01/20 | 13:49 | C. do Medio Rural

A superficie afectada pola rata toupa en diferentes concellos de Lugo rolda as 1.630 hectáreas nun total de 2.995 parcelas

Así o declararon os propios agricultores e gandeiros da zona, tras cumprirse a ampliación do prazo que eles mesmos solicitaron para avaliar a afectación

10/01/20 | 13:22 | C. do Medio Rural

A Xunta destinou preto de dous millóns de euros na reestruturación parcelaria de San Bartolomeu de Berrande, no Concello de Vilardevós

Actualmente está pendente da aprobación do acordo, que dará a coñecer as novas parcelas resultantes do proceso de reorganización

10/01/20 | 11:17 | C. do Medio Rural
09/01/20 | 17:49 | C. do Medio Rural

A Xunta, a través do GDR Ribeira Sacra-O Courel, apoia con 41.000 euros a posta en marcha dunha residencia canina na Pobra do Brollón

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, visitou hoxe as instalacións, que obtiveron unha achega próxima ao 50% do orzamento do proxecto

09/01/20 | 14:42 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Ministerio de Agricultura acordan levantar a prohibición de plantar pataca en nove concellos galegos afectados pola couza

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias comunicou esta medida tras reunirse co director xeral de Sanidad de la Producción Agraria, nunha xuntanza na que tamén participou Asturias

08/01/20 | 14:56 | C. do Medio Rural

A Xunta destinou máis de 175.000 euros á construción dun complexo de turismo enolóxico en Boqueixón

O obxectivo deste proxecto foi ofertar un servizo diferenciado a través dunha arquitectura singular, poñendo en valor unha zona rural e fomentando actividades de carácter lúdico-creativas en contacto coa natureza

08/01/20 | 13:54 | C. do Medio Rural

A Xunta lembra que o prazo de presentación de solicitudes para as axudas de forestación chega ata o vindeiro 22 de xaneiro

José Luis Chan destacou que estas subvencións, dotadas con 8 millóns de euros nesta última convocatoria, destínanse á creación de superficies con especies de coníferas e frondosas e contribúen a aumentar a diversidade forestal

08/01/20 | 12:58 | C. do Medio Rural

A Xunta incide nos beneficios da futura Lei de recuperación da terra para as explotacións gandeiras e as razas autóctonas

José González destacou a importancia da creación dun Banco de Explotacións para o sector gandeiro e dos mecanismos de mobilización voluntarios que permitan unha maior participación dos interesados no aproveitamento das terras

08/01/20 | 11:07 | C. do Medio Rural

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o decreto que regula o rexistro de masas consolidadas de frondosas autóctonas

O obxectivo desta norma é mellorar a conservación e posta en valor destas masas como recurso económico, social e ambiental de Galicia

07/01/20 | 12:51 | C. do Medio Rural

A Xunta convocará este mes a primeira poxa do leite producido nos dous centros públicos con explotación leiteira

Trátase do propio Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) e do centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Sergude