Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta valora o esforzo de empresas como Vegalsa Eroski para apoiar as producións agroalimentarias galegas e a súa calidade
José Balseiros sinalou que a promoción dos produtos de proximidade e de calidade é unha parte esencial da responsabilidade corporativa, que redunda na sustentabilidade da produción agropecuaria e no respecto ao medio ambiente
Medio Rural e Fegapan avanzan na redacción do regulamento e na constitución do consello regulador da IXP Pan Galego
A Federación Galega de Panaderías foi a promotora da Indicación Xeográfica Protexida que recibiu o visto bo da Unión Europea o pasado 20 de decembro
A Xunta destinou 200.000 euros á creación dun hotel de tres estrelas que reforzará a oferta turística de Barreiros
O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, visitou hoxe as instalacións do establecemento ‘Rías Altas’, que prevé abrir as súas portas a finais de febreiro
A Xunta comproba in situ a afectación da rata toupa declarada polos afectados para determinar as medidas a levar a cabo
Os propios agricultores e gandeiros da zona comunicaron que a presenza deste roedor sitúase nas 1629,23 hectáreas, nun total de 2995 parcelas
A Consellería do Medio Rural convoca a 11ª edición dos Premios Agader ás mellores iniciativas de desenvolvemento rural
Hai oito categorías con 10.000 euros para o gañador, que terá que reinvestir no seu proxecto
Medio Rural convoca máis de 1,7 millóns de euros en axudas para rehabilitar e reformar mercados municipais e prazas de abastos
As achegas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), buscan mellorar e potenciar a comercialización de produtos agroalimentarios
O DOG publica a cesión de 38 predios en masas comúns da parcelaria de Ánxeles-Calvente-Pasarelos-Marzoá II ao Concello de Oroso
Cando un proceso de reorganización do territorio aínda non está rematado, os concellos poden solicitar a cesión da titularidade de fincas do fondo de terras para equipamentos colectivos ou fins de interese xeral
Medio Rural destaca a importancia da formación continua do dispositivo de loita contra incendios para mellorar a súa profesionalidade
A Consellería organiza para a vindeira semana dous cursos sobre grandes incendios forestais, na que participarán técnicos e axentes facultativos medioambientais do dispositivo
A Xunta investirá este ano case medio millón de euros en formar a profesionais do agro en prácticas innovadoras e de I+D
O orzamento de 2020 do Plan de transferencia tecnolóxica supón un incremento do 48% por cento con respecto ao do 2019
A Xunta destina este ano 26 M€ en axudas para transformación e comercialización de produtos agrarios
José González cualificou esta fábrica como unha “instalación de referencia” en Galicia no que atinxe á posta en valor do leite e lembrou que recolle na nosa comunidade uns 159 millóns de litros de leite ao ano e beneficia a 150 gandeiros