Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

24/01/20 | 14:58 | C. do Medio Rural; C. de Sanidade

Profesionais do Hospital Meixoeiro plantan 30 carballos para conmemorar os 30 anos de historia deste hospital

Representantes das principais categorías profesionais, sindicatos, persoal xubilado e asociacións de pacientes, plantaron hoxe unha árbore como “símbolo de vida e esperanza”

24/01/20 | 14:56 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o pulo acadado pola produción de pataca de calidade en Galicia nos últimos anos

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) salientou no Parlamento o incremento rexistrado tanto en superficie amparada pola Indicación Xeográfica Protexida como no número de agricultores inscritos

24/01/20 | 14:56 | C. do Medio Rural

A Xunta aumentará ata os 900.000 euros a súa achega a Xenética Fontao para potenciar a mellora do gando frisón

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias anunciou este incremento, que beneficiará aos gandeiros produtores de leite

24/01/20 | 09:52 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca novas axudas para investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios por un valor de 26 millóns de euros

Estas achegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, buscan fomentar a creación, ampliación e modernización das industrias agroalimentarias galegas

22/01/20 | 15:09 | C. do Medio Rural

A Xunta traslada ao Goberno central a súa petición de melloras fiscais nas axudas para a incorporación de mozos ao agro

José González propúxolle ao ministro de Agricultura que traslade o asunto ao novo Executivo, de forma que esta cuestión se poida ter en conta xa na negociación dos Orzamentos Xerais do Estado de 2020 e se modifique a lei do IRPF

22/01/20 | 15:01 | C. do Medio Rural

Medio Rural investiu no último ano case 90.000 euros no concello de Cuntis para mellorar as infraestruturas rurais

O director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra supervisaron varias obras neste municipio pontevedrés

22/01/20 | 14:53 | C. do Medio Rural

O director xeral de Gandaría reitera a necesidade de seguir apostando pola transformación para darlle valor engadido ás producións

Lembroulles que está a piques de saír no Diario Oficial de Galicia a nova convocatoria das axudas para investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios

21/01/20 | 18:51 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural e os concellos de Trasmiras e Sarreaus colaboran para mellorar a xestión do agro ourensán

O encontro entre o conselleiro e os alcaldes dos municipios da Limia serviu para explicarlles a futura Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria