Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

23/02/20 | 18:13 | C. do Medio Rural

Extinguido un incendio forestal procedente de Portugal que acabou afectando provisionalmente a 0,50 hectáreas do Parque Natural do Xurés

O lume afectou a monte raso do concello ourensán de Muíños, na parroquia de Santiago de Requiás

23/02/20 | 12:17 | C. do Medio Rural

A Xunta e o sector avanzan para que este ano se poida atopar no mercado produto certificado coa Indicación Xeográfica Protexida Pan Galego

José González agradeceu aos integrantes do consello desta IXP o esforzo levado a cabo para a súa posta en marcha, un traballo no que contaron co apoio da Consellería

22/02/20 | 11:23 | C. do Medio Rural

A Xunta apoiará a presenza da produción ecolóxica galega na Feira Biocultura da Coruña entre o 28 de febreiro e o 1 de marzo

A Consellería do Medio Rural financia as actividades de promoción que desenvolverá neste certame o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega)

21/02/20 | 14:28 | C. do Medio Rural

A Xunta recuperará case 200 hectáreas de pastos da provincia de Ourense na primeira fase do Plan de pastoreo de Galicia

José González animou aos concellos a que soliciten a súa participación no Plan, destacando que de momento se prevé poñer en valor unhas 2250 hectáreas de pasteiros en toda a comunidade

21/02/20 | 10:42 | C. do Medio Rural

O conselleiro do Medio Rural supervisa os traballos de limpeza e recuperación na aldea modelo ourensá de Infesta, en Monterrei

A visita prodúcese un día despois de que se aprobasen cinco novas aldeas modelo, co que xa son 11 as declaradas ata o momento en toda Galicia

20/02/20 | 19:09 | C. do Medio Rural

A Xunta e os Consellos Reguladores potencian Galicia Calidade como a marca de referencia para os produtos do agro con calidade diferenciada

O Executivo autonómico decidiu no Consello monográfico sobre o rural da pasada semana darlle un pulo a Galicia Calidade para lograr que o sector agroalimentario galego reforce a súa competitividade nos mercados

20/02/20 | 18:32 | C. do Medio Rural

A Xunta aproba a declaración de cinco novas aldeas modelo e dun proxecto piloto de polígono agrario en concellos de Ourense e Lugo

O proxecto de mobilización sitúase no municipio ourensán da Arnoia e as aldeas modelo nos concellos lucenses da Pobra de Brollón e Folgoso do Courel, así como nos ourensáns de Pereiro de Aguiar, Quintela de Leirado e Toén

20/02/20 | 14:26 | C. do Medio Rural

O alcalde de A Lama e Cores Tourís comproban as actuacións executadas no eido das infraestruturas rurais deste concello

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou a aposta da administración autonómica para a mellora da calidade de vida no rural