Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

01/03/20 | 10:16 | C. do Medio Rural

A Xunta distribúe aos apicultores galegos material para realizar o trampeo de primavera na loita fronte á vespa velutina

A Consellería depositou nas oficinas agrarias comarcais un total de 15.041 trampas, así como 97.077 botes e monodoses de atraente

29/02/20 | 14:58 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h de hoxe

Extinguido o incendio rexistrado no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Castiñeira, que segundo as últimas medicións afectou 40 ha de monte raso

29/02/20 | 13:35 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o liderado económico da DOP Arzúa-Ulloa no conxunto dos catro selos de queixo galegos cun valor estimado no ano 2018 de 20,8 millóns de euros

José González sinalou que a produción desta denominación de orixe protexida representa case o 62% dos quilos de queixo con selo en Galicia e o seu valor económico algo máis do 60% do total das catro denominacións

29/02/20 | 12:09 | C. do Medio Rural

A Xunta asesora o proxecto da Cooperativa Agrigga para ampliar e mellorar o seu negocio de produción e venda de carne de vacún

Directivos e técnicos das consellerías do Medio Rural e de Economía, Emprego e Industria reuníronse cos responsables desta entidade para coñecer unha iniciativa coa que pretenden pechar o seu ciclo produtivo adquirindo un matadoiro

29/02/20 | 09:36 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,00 h de hoxe

Controlado un incendio rexistrado no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Castiñeira, que segundo as primeiras estimacións provisionais, a falta de medición definitiva, afecta arredor de 35 ha

28/02/20 | 22:05 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta
28/02/20 | 18:12 | C. do Medio Rural

Medio Rural e o Concello de Lobios avanzan na prevención de incendios forestais e na mobilización de terras agrarias

O conselleiro e a alcaldesa, xunto cos representantes das asociacións veciñais da zona, analizaron a posibilidade de poñer en marcha unha aldea modelo neste municipio ourensán

28/02/20 | 15:28 | C. do Medio Rural

O director da Agacal inaugura a feira Biocultura da Coruña destacando o auxe da produción ecolóxica na nosa comunidade

A Consellería do Medio Rural financia as actividades de promoción que desenvolverá ao longo destes tres días de certame o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega)

28/02/20 | 13:20 | C. do Medio Rural

A Xunta amplía o prazo para solicitar as axudas de incorporación de mozos ao agro, plans de mellora e pequenas explotacións

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a correspondente orde, pola que se prolonga ata o vindeiro día 31 de marzo o período para pedir estas achegas

27/02/20 | 17:18 | C. do Medio Rural

A Xunta forma ao sector da castaña de Lugo e Ourense sobre as medidas para combater a avespiña do castiñeiro

Como novidade, este ano explicaráselles aos produtores como deben podar nas zonas onde se fixeron soltas do Torymus sinensis para evitar baixas no parasito que combate a praga da avespiña