Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

05/03/20 | 14:27 | C. do Medio Rural

A Xunta é pioneira na aplicación de técnicas de estabilización de solos afectados por lumes forestais

Así o trasladou hoxe na Coruña o director xeral de Defensa do Monte durante o seminario sobre o proxecto europeo Life Reforest, centrado na problemática e as posibles solucións diante da erosión e perda de solo por incendios

05/03/20 | 13:51 | C. do Medio Rural

Xunta, sector e universidade ármanse de argumentos sólidos na defensa dos intereses dos gandeiros, agricultores e silvicultores de cara á futura PAC

José González destacou que Galicia vai por diante unha vez máis e, no marco deste grupo multidisciplinar, está a traballar no Plan Estratéxico de Galicia para a PAC 2021-2027, para aportalo ao Ministerio de cara á confección do plan estratéxico estatal

04/03/20 | 12:43 | C. do Medio Rural

José González pon en valor as case 70 hectáreas de monte que xestionará a primeira sociedade de fomento forestal rexistrada en Ourense

O conselleiro indicou que está en trámite outra sociedade e que, xunto con outros proxectos, agruparíase unha superficie dunhas 800 hectáreas de monte na Veiga

03/03/20 | 18:10 | C. do Medio Rural

A Xunta colabora co concello do Irixo para a constitución dunha agrupación de xestión forestal conxunta coa que se recuperarán máis de 170 hectáreas

Esta figura contemplada na futura Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria persegue a explotación e aproveitamento conxunto dos terreos forestais buscando tanto beneficios económicos como sociais e medioambientais

03/03/20 | 14:30 | C. do Medio Rural

As xornadas técnicas sobre a pataca previstas nos concellos de Coristanco e Xinzo da Limia pospóñense ata novo aviso

Os produtores da Bretaña francesa que tiñan previsto acudir para explicar os seus métodos de cultivo decidiron cancelar a viaxe por prevención, atendendo ás recomendacións do seu país de orixe

02/03/20 | 17:22 | C. do Medio Rural

Os seis GDR da provincia de Lugo poderán formarse na USC para acreditarse como asesores rurais a nivel europeo

A Universidade comprométese a impartir tres cursos de posgrao para a formación de especialistas en asesoramento rural coa acreditación CECRA

02/03/20 | 15:24 | C. do Medio Rural

Máis de 600 traballadores fixos descontinuos anti incendios de Medio Rural incorporáronse onte ao servizo activo

Esta incorporación do persoal de 9 meses faise efectiva todos os anos antes da chegada da primavera, de acordo coas necesidades de programación e planificación e en función das circunstancias climatolóxicas
 

02/03/20 | 14:12 | C. do Medio Rural

O director xeral da Agader destaca o potencial do turismo para xerar oportunidades de riqueza no rural

Miguel Pérez Dubois acudiu á inauguración do Training Course, do programa ERASMUS+ Pilgrims, no que participa o GDR Terras de Pontevedra Norte

02/03/20 | 13:42 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o traballo da empresa Bonilla a la Vista que apostou pola transformación de produtos para afianzarse no mercado

O conselleiro puxo en valor a produción diaria de pataca fritida, apostando por un produto galego e diversificando a súa actividade coa elaboración de churros

02/03/20 | 09:59 | C. do Medio Rural

Dende mañá poderán presentarse só por vía electrónica as solicitudes para os alleamentos de madeira nos montes xestionados pola Xunta

O DOG publica hoxe a orde que regula esta tramitación electrónica que ten por obxectivo facilitar a xestión da venda de madeira