Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

16/03/20 | 10:54 | C. do Medio Rural

A Xunta lembra que a realización de queimas nos terreos rústicos está suspendida ata novo aviso

Así se establece na resolución publicada onte no DOG sobre a situación de emerxencia sanitaria por causa do coronavirus

11/03/20 | 14:53 | C. do Medio Rural

A consellería do Medio Rural arranxa un camiño do Concello de Vilanova de Arousa na zona de concentración parcelaria de Baión

Este camiño foi danado debido ás fortes choivas rexistradas nas pasadas semanas, ocasionando problemas de mobilidade aos viandantes desta plataforma

11/03/20 | 14:33 | C. do Medio Rural

A Xunta reforza a súa colaboración coa Fundación Arume tras a súa adscrición á Consellería do Medio Rural polo seu labor a prol da valorización dos montes galegos

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal reuniuse hoxe con representantes desta entidade, un día despois de que o DOG a clasificase como de interese para o desenvolvemento forestal de Galicia

11/03/20 | 14:20 | C. do Medio Rural

A posta en valor das terras abandonadas aptas para cultivos e prados suporía a creación de máis de 15.000 empregos en Galicia

José González desmestou as posibilidades que ofrecerá a futura Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria de Galicia ante os empresarios

11/03/20 | 13:24 | C. do Medio Rural

A Xunta establece como deben ir uniformados e identificados os distintos tipos de axentes forestais e ambientais para o seu axeitado recoñecemento

O DOG publica hoxe a orde conxunta da Consellería do Medio Rural e da de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda que establece estes elementos identificativos e de uniformidade

09/03/20 | 11:59 | C. do Medio Rural

O director xeral da Agader fai un chamamento á unión de forzas no rural para promocionar e potenciar os seus produtos de calidade diferenciada

Miguel Pérez Dubois acudiu á sinatura dun convenio entre a Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense, a Universidade de Vigo, a Agrupación Apícola de Galicia e a IXP Mel de Galicia

08/03/20 | 11:50 | C. do Medio Rural

O conselleiro do Medio Rural exporá no Galicia Market Place as claves económicas para garantir o futuro do agro galego

José González está convidado ao xantar coloquio no que participarán os principais actores do sector agroalimentario

06/03/20 | 16:36 | C. do Medio Rural

Medio Rural pecha administrativamente unha nova parcelaria no Concello ourensán de Allariz

O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, vén de asinar a firmeza do acordo da concentración de San Vitorio-Urrós

06/03/20 | 10:28 | C. do Medio Rural

A Xunta anima aos participantes no III Torneo Nacional de Debate a coñecer os produtos do agro galego amparados pola marca Galicia Calidade

Así o fixo a secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural na inauguración deste evento, que ten lugar no Pazo de Quián