Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

06/04/20 | 11:36 | C. do Medio Rural

A Xunta e o sector vitivinícola valoran o impacto da emerxencia sanitaria e abordan medidas de impulso na comercialización dos seus produtos

Anunciou que proximamente habilitarase un apartado na páxina web da Consellería para que o sector traslade as cuestións e preocupacións en materia económica no rural, co fin de poder informalo das medidas económicas ás que se pode acoller en cada un dos sectores produtivos

03/04/20 | 18:14 | C. do Medio Rural; C. de Sanidade

O Centro Tecnolóxico da Carne cede ao Complexo Hospitalario de Ourense un equipo para facer probas de detección do coronavirus

A cesión deste material, que será utilizado polo Servizo de Microbioloxía do CHUO, manterase polo tempo que sexa necesario e de acordo coas instrucións que vaian ditando as autoridades sanitarias en relación co COVID-19

02/04/20 | 12:13 | C. do Medio Rural

A Xunta insta ao Goberno central a que clarifique a esencialidade da actividade do sector forestal durante a emerxencia sanitaria

A consulta realizouse a través dunha misiva aos ministerios de Transición Ecológica y el Reto Demográfico, ao de Sanidad, así como á propia Delegación do Goberno para garantir a adecuada interpretación do corpo normativo establecido no último Real Decreto

01/04/20 | 10:50 | C. do Medio Rural

A Xunta mantén o peche dos mercados locais para a venda de produtos agroalimentarios por indicacións do Goberno central

En resposta á consulta remitida polo executivo galego, a Delegación do Goberno en Galicia explica que a venda de alimentación queda restrinxida aos establecementos comerciais

01/04/20 | 10:19 | C. do Medio Rural

A Xunta publica a orde que permitirá axilizar os aproveitamentos madeireiros en terreos cun réxime de protección especial

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde conxunta entres as consellerías do Medio Rural, de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e de Infraestruturas e Mobilidade pola que se aproban os novos pregos de condicións

31/03/20 | 21:26 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, parroquia de San Vicente de Leira

Segundo as últimas estimacións, o lume afectou 30,75 hectáreas de superficie, todas elas de monte raso

31/03/20 | 14:40 | C. do Medio Rural

O Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia colabora co Servizo Galego de Saúde na realización dos tests diagnósticos do coronavirus

O Lapasaga, dependente da Consellería do Medio Rural, procesará inicialmente unhas 300 mostras diarias que se poderían incrementar se fose necesario

31/03/20 | 13:07 | C. do Medio Rural

Controlado o incendio forestal do concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, parroquia de San Vicente de Leira

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unhas 25 hectáreas de superficie

31/03/20 | 12:16 | C. do Medio Rural

A Xunta insta ao Goberno central a determinar a apertura ou o mantemento da prohibición da actividade dos mercados locais para a venda de produtos agroalimentarios a partir do 1 de abril

Efectúase esta consulta para que o Goberno central determine se a venda directa de produtos agrícolas e gandeiros a través destes mercados ao aire libre se considera un servizo ou actividade esencial

31/03/20 | 09:09 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 8,30 h de hoxe

Estabilizado un incendio forestal no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, parroquia de San Vicente de Leira, que afecta provisionalmente máis de 20 hectáreas