Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

12/04/20 | 10:24 | C. do Medio Rural

Medio Rural entregou máis de 130 alfombras e uns 250 sprays desinfectantes en distintos centros asistenciais galegos para mellorar a súa protección fronte ao coronavirus

A vindeira semana continuará a repartición de esteiras e pulverizadores, así como as desinfeccións dos felpudos xa entregados

11/04/20 | 12:27 | C. do Medio Rural

A Xunta acorda coas grandes cadeas de distribución impulsar a compra e o fomento do consumo de produtos agroalimentarios galegos durante a emerxencia sanitaria

Tamén se publicará unha orde no DOG que porá en marcha esta canle alternativa de comercialización na que constarán os produtores beneficiarios e as empresas que colaborarán comprando os seus produtos

10/04/20 | 11:59 | C. do Medio Rural

Galicia reclama medidas fiscais inmediatas de apoio ao sector primario para facer fronte ás súas dificultades polo estado de alarma

Rosa Quintana e José González reiteran a lealdade institucional da Xunta co Goberno central, pero piden ao tempo que se teñan en conta as comunidades autónomas para adaptar aos distintos territorios as medidas aprobadas

09/04/20 | 11:17 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural continúa cos traballos para loitar contra a avespiña do castiñeiro

Está previsto soltar un total de 1,6 millóns de individuos do parasito 'Torymus sinensis', un dos métodos naturais para combater esta praga

09/04/20 | 11:01 | C. do Medio Rural

O Servizo de prevención e defensa contra incendios leva realizadas máis dun millar de desinfeccións en centros de saúde e residencias

Ademais dos centros asistenciais, nestas tres semanas de traballo tamén desinfectaron outras áreas do rural especialmente concorridas, como beirarrúas ou zonas establecidas para a recollida do lixo

08/04/20 | 13:24 | C. do Medio Rural

A Xunta reclama ao Goberno central que flexibilice o cumprimento das obrigas tributarias dos agricultores durante a emerxencia sanitaria

José González demandou que se suspendan as declaracións do IVE do primeiro trimestre e se poidan regularizar no segundo ou que se permita facer a declaración do primeiro trimestre con datos do 2019

07/04/20 | 18:21 | C. do Medio Rural

A Xunta busca novas vías de comercialización para as producións cárnicas de calidade que reduciron as súas vendas por mor da emerxencia sanitaria

José González trasladou que un dos mecanismos debe apuntar á concienciación do consumidor para que aposte polo sector primario galego

07/04/20 | 14:32 | C. do Medio Rural

A Xunta remata administrativamente a parcelaria da zona de San Vicente e San Lourenzo de Boqueixón

O último paso será a entrega de títulos de concentración aos 397 propietarios beneficiados por este proceso de reorganización de 614 hectáreas

07/04/20 | 13:02 | C. do Medio Rural

A Xunta aborda coas organizacións agrarias galegas mecanismos para dar saída ás producións que viron reducidos os seus mercados tras a emerxencia sanitaria

O obxectivo é buscar novas opcións de comercialización para os produtos de calidade ou proximidade, tras o peche da hostalaría e dos mercados tradicionais

06/04/20 | 13:52 | C. do Medio Rural

Comezan os traballos entre a Xunta e as universidades de Vigo e Santiago para a elaboración do Inventario Forestal Continuo de Galicia

Celebrouse por videoconferencia a primeira xuntanza da comisión mixta na que se revisou a folla de ruta e os principais fitos a desenvolver nesta tarefa e que estivo presidida polo director xeral de Planificación e Ordenación Forestal