Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

19/04/20 | 11:09 | C. do Medio Rural

Galicia aumentou no último ano a súa superficie forestal ordenada en case un 8% ata as máis de 262.000 hectáreas

Este incremento ten unha gran importancia, xa que unha adecuada ordenación dos montes resulta fundamental para garantir a súa xestión sustentable, tanto dende o punto de vista ambiental como económico e social

17/04/20 | 14:26 | C. do Medio Rural

A Xunta insta ao Goberno central a convocar a Comisión de Seguimento do Acordo Lácteo para poñer freo á entrada de leite fóraneo a prezos por baixo dos custos de produción

Así o solicita o conselleiro do Medio Rural nunha carta ao ministro de Agricultura, onde alude a alteracións do mercado interno que están poñendo en risco a viabilidade económica dos produtores galegos

17/04/20 | 10:41 | C. do Medio Rural

A Xunta permite conxelar a carne da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega mentres dure a emerxencia sanitaria

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que modifica, de xeito temporal, o prego de condicións técnicas deste selo de calidade

16/04/20 | 10:25 | C. do Medio Rural

A Xunta aproba a inscrición de seis proxenitores de piñeiro resistentes ao nematodo no Rexistro galego de materiais de base

O obxectivo principal é poder ofrecer semente destas árbores ás persoas provedoras de material forestal de reprodución

15/04/20 | 12:14 | C. do Medio Rural

A Xunta agradece a incorporación de Lidl ao acordo para impulsar a compra e o consumo de produtos do agro galego durante a emerxencia sanitaria

Esta empresa súmase así á iniciativa xunto con Gadisa, Froiz, Vegalsa-Eroski, El Corte Inglés, Carrefour e Grupo Cuevas

15/04/20 | 11:54 | C. do Medio Rural

A Xunta anima ás empresas subministradoras de colectividades e ás plataformas online a sumarse á rede “Mercaproximidade” para impulsar a venda dos produtos agroalimentarios galegos

José González explicoulle que dende a Consellería se están a intensificar os contactos para que os produtos afectados polo peche da hostalaría e dos mercados locais se poidan distribuír en cada vez máis establecementos

14/04/20 | 18:32 | C. do Medio Rural

A Xunta agradece a suma de novas cadeas de distribución ao acordo para impulsar a compra e o consumo de produtos agroalimentarios galegos na emerxencia sanitaria

O conselleiro do Medio Rural valorou este compromiso a prol do sector primario galego nun momento de dificultades para dar saída a estas producións de calidade a causa da crise provocada polo coronavirus

14/04/20 | 12:14 | C. do Medio Rural

A Xunta aborda cos sectores galegos do queixo e do mel as medidas para fomentar o consumo e a venda dos seus produtos na emerxencia sanitaria

José González explicoulles as diferentes medidas impulsadas polo Goberno galego, en especial o recente acordo acadado coas cadeas de distribución para dar saída aos produtos galegos de calidade durante o estado de alarma

14/04/20 | 11:01 | C. do Medio Rural

A Xunta crea 'Mercaproximidade', unha canle alternativa de comercialización para os produtos agrogandeiros galegos que viron reducidas as súas vendas por mor da emerxencia sanitaria

O DOG publica hoxe a orde que regula a iniciativa, á que poderán adherirse os produtores de froitas, hortalizas ou mel, os gandeiros de vacún, porcino, ovino ou caprino, así como as industrias transformadoras

13/04/20 | 16:34 | C. do Medio Rural; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta pon en marcha un proxecto tecnolóxico para chegar a difundir en tempo real os datos de cortas de madeira en Galicia

Mediante este sistema de gráficas dinámicas situado na Oficina Virtual de Medio Rural iranse amosando en tempo real os valores máis representativos das producións forestais que estean almacenados en rexistros administrativos