Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

01/05/20 | 10:57 | C. do Medio Rural

A Xunta instala no Colexio Rural Agrupado de Ribadavia un invernadoiro para formar os escolares en horta ecolóxica

A construción, de 24 metros cadrados e cun atractivo deseño en forma de capela de policarbonato ríxido de gran duración, servirá para que o alumnado faga prácticas relacionadas coa produción hortícola en ecolóxico

30/04/20 | 13:53 | C. do Medio Rural

Galicia permitirá que os concellos celebren mercados locais a partir do 4 de maio baixo as estritas condicións de seguridade aprobadas pola Xunta a finais de marzo

A Xunta considera que a entrada, o vindeiro luns, na “fase 0” da desescalada posibilita a reapertura deste servizo baixo unhas regras que en Galicia están xa establecidas desde o día 24 do mes pasado

30/04/20 | 12:04 | C. do Medio Rural

A Xunta fai hoxe entrega de mel, queixos e patacas ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña

Esta cesión súmase ás numerosas doazóns que está a realizar o Goberno galego a diversos hospitais da comunidade, entidades e comedores sociais e ao Banco de Alimentos de Lugo

30/04/20 | 11:58 | C. do Medio Rural

A Xunta fará entrega hoxe de 2.000 tarros de mel ao Banco de Alimentos de Lugo que se suman ás doazóns desta semana aos hospitais da provincia

No marco da rede Mercaproximidade, tamén se cederon estes días queixos, patacas ou carne á sede de Cáritas en Lugo para atender as familias máis vulnerables durante a emerxencia sanitaria

29/04/20 | 10:19 | C. do Medio Rural

A Xunta publica o Anuario de Estatística Forestal do ano 2019

Trátase dunha recompilación ampla e detallada coa información do sector forestal galego que obra nos rexistros administrativos

29/04/20 | 10:07 | C. do Medio Rural
28/04/20 | 12:30 | C. do Medio Rural

A Xunta merca 2.000 pezas de queixo a través de Mercaproximidade para abastecer ao Banco de Alimentos de Lugo

Nestas dúas últimas semanas, a Consellería do Medio Rural leva mercado numerosos alimentos para cedelos a diversos organismos, entre eles varios hospitais, entidades e comedores sociais

28/04/20 | 10:43 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en marcha unha campaña para animar á cidadanía a consumir produtos agroalimentarios galegos durante a situación de emerxencia sanitaria por mor do coronavirus

O obxectivo é concienciar á sociedade da importancia de apoiar o agro galego non só pola calidade das súas producións, senón tamén polo seu papel fundamental á hora de asegurar o abastecemento durante o estado de alarma

28/04/20 | 09:14 | C. do Medio Rural

A Xunta flexibiliza as condicións para que os agricultores de autoconsumo poidan realizar con maior facilidade os desprazamentos ás súas leiras

A medida, que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, apróbase tras os resultados da evolución da emerxencia sanitaria e a implementación das medidas adoptadas durante as últimas semanas

27/04/20 | 14:14 | C. do Medio Rural

A Xunta instala no Colexio Rural Agrupado de Tomiño un invernadoiro para formar os escolares en horta ecolóxica

A construción, de 24 metros cadrados e cun atractivo deseño en forma de capela de policarbonato ríxido de gran duración, servirá para que o alumnado faga prácticas relacionadas coa produción hortícola en ecolóxico