Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

07/05/20 | 13:36 | C. do Medio Rural

A Xunta e o sector reorientan a estratexia de dinamización do viño galego para impulsar a súa venda e exportación na emerxencia sanitaria

Así, procurarán facer fronte á situación creada pola suspensión da canle de comercialización da restauración e a hostalería e pola diminución das exportacións

06/05/20 | 11:11 | C. do Medio Rural

A Xunta continúa hoxe coas doazóns ao abeiro de Mercaproximidade e entrega produtos do agro galego á asociación viguesa Vida Digna

O Goberno galego segue así comprando alimentos para distribuír non só en entidades e comedores sociais, senón tamén en hospitais da comunidade

06/05/20 | 10:52 | C. do Medio Rural

Case un milleiro de efectivos de Medio Rural comezarán a traballar o vindeiro 11 de maio para reforzar a prevención e extinción de incendios en Galicia por un período de 6 meses

En concreto, incorporaranse 984 traballadores fixos descontinuos, entre os que se atopan bombeiros forestais, técnicos, emisoristas ou vixilantes

05/05/20 | 10:46 | C. do Medio Rural

A Xunta sinala que poderán desprazarse ata dúas persoas ás leiras de autoconsumo dependendo do tipo de cultivo ou traballo a realizar

Co fin de coordinar as normas relativas aos desprazamentos de agricultores non profesionais, a Xunta modifica a orde publicada o 24 de marzo para facilitar estas actividades

05/05/20 | 10:38 | C. do Medio Rural

A Xunta entrega hoxe alimentos do agro galego ao comedor San Francisco de Pontevedra a través da rede de Mercaproximidade

Este reparto de produtos agroalimentarios estase a levar a cabo noutros comedores e entidades sociais, así como en diferentes hospitais de Galicia

05/05/20 | 10:12 | C. do Medio Rural

O prazo para que os gandeiros e agricultores galegos soliciten as axudas da PAC amplíase ata o 15 de xuño

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que modifica a emitida o 12 de febreiro, para dar resposta ás restricións impostas por mor do coronavirus

04/05/20 | 14:43 | C. do Medio Rural

A Xunta permite desde hoxe a celebración dos mercados locais para a venda exclusiva de produtos agroalimentarios con redución de aforos e postos

Así o recolle unha resolución publicada na páxina web da Consellería do Medio Rural, que inclúe tamén as normas específicas para poder colocar de xeito seguro os postos

04/05/20 | 11:49 | C. do Medio Rural

A Xunta entrega hoxe alimentos agropecuarios ao Hospital Clínico Universitario de Santiago a través da rede de Mercaproximidade

O reparto de produtos agroalimentarios estase a levar a cabo noutros hospitais galegos, así como en comedores e entidades sociais

01/05/20 | 12:57 | C. do Medio Rural

A Xunta fai hoxe entrega de varias pezas de carne, queixos, patacas e mel ao Complexo Hospitalario de Ourense no marco da rede Mercaproximidade

A repartición de produtos agroalimentarios estase a levar a cabo noutros hospitais galegos, así como en comedores e entidades sociais

01/05/20 | 11:57 | C. do Medio Rural

A Xunta instala no Colexio Rural Agrupado de Coristanco un invernadoiro para formar os escolares en horta ecolóxica

A construción, de 24 metros cadrados e cun atractivo deseño en forma de capela de policarbonato ríxido de gran duración, servirá para que o alumnado faga prácticas relacionadas coa produción hortícola en ecolóxico