Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

15/05/20 | 14:10 | C. do Medio Rural

A Xunta e a distribución implementan a campaña #VoudeSúperFeirón nas redes sociais para fomentar o consumo de produtos agroalimentarios galegos a través de receitas

Con este novo impulso promocional -que se iniciará nas vindeiras semanas- trátase de animar a que cadaquén, desde a súa casa, elabore receitas con produto galego e que as presente nas súas redes sociais co cancelo #FeirónNaCasa, no marco da campaña #VoudeSúperFeirón

13/05/20 | 11:16 | C. do Medio Rural

O persoal dos cinco distritos forestais de Ourense leva realizadas máis de 2.600 desinfeccións nas contornas de 183 centros da provincia

A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, mantivo unha videoconferencia para agradecerlles aos profesionais do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios o seu labor para previr o contaxio do coronavirus

12/05/20 | 13:15 | C. do Medio Rural

A Xunta doa ao Banco de Alimentos de Ourense máis de 45 toneladas de produtos do agro galego ao abeiro da rede Mercaproximidade

As cesións, que comezan hoxe, inclúen patacas, ovos, mel, queixos e numerosas pezas de carne de cabrito, cordeiro, porco celta e Ternera Gallega

11/05/20 | 10:49 | C. do Medio Rural

Dende hoxe poden tramitarse de novo permisos para queimas en terreos forestais e comunicacións para as rexistradas en parcelas agrícolas

Levántase así a suspensión decretada o pasado 16 de marzo, por mor da emerxencia sanitaria a causa do coronavirus

10/05/20 | 11:44 | C. do Medio Rural

A Xunta aboa estes días case 16 M€ a máis de 4.000 gandeiros e agricultores galegos polas axudas da PAC de 2019

Os pagamentos, que se comezaron a materializar este venres, correspóndense coas medidas de desenvolvemento rural

09/05/20 | 10:47 | C. do Medio Rural

Os axentes ambientais e bombeiros forestais do servizo de prevención e defensa contra os incendios suman máis de 4.500 desinfeccións para previr o contaxio do coronavirus

Este labor, de carácter voluntario, ten como principal obxectivo reforzar a protección de centros de saúde, residencias da terceira idade e de discapacitados ou oficinas comarcais do rural galego

08/05/20 | 17:30 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Galicia contará por primeira vez cun plan específico para a prevención de incendios, dotado con máis de 30 millóns de euros

Feijóo salienta que o plan intervirá sobre case 46.000 hectáreas de xeito conxunto, en preto de 5.800 quilómetros de pistas forestais e outras vías de comunicación e ademais faranse traballos de mantemento en 3.207 puntos de auga

08/05/20 | 15:04 | C. do Medio Rural

A Xunta facilita o movemento e a venda de vexetais sensibles ao Psílido Africano dos cítricos e concreta a zona demarcada por este insecto

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha resolución da Consellería do Medio Rural que determina a área afectada por esta doenza e permite o transporte e venda destes vexetais baixo determinadas condicións

08/05/20 | 10:37 | C. do Medio Rural

A partires do vindeiro luns 11 de maio poderán tramitarse de novo as comunicacións e permisos de queimas nos terreos rústicos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a correspondente resolución da Consellería do Medio Rural pola que se levanta a suspensión decretada desde o pasado 16 de marzo a causa da emerxencia sanitaria polo coronavirus

07/05/20 | 13:44 | C. do Medio Rural

A Xunta doa hoxe ao Complexo Hospitalario de Ferrol queixos e carne de Ternera Gallega no marco da rede Mercaproximidade

Estes produtos agroalimentarios súmanse aos xa repartidos polo Goberno galego noutros hospitais da comunidade, así como en numerosos comedores e entidades de toda España