Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

25/05/20 | 09:54 | C. do Medio Rural

A canle Mercaproximidade da Xunta deu saída ao excedente de pataca da Limia que quedara almacenada pola emerxencia sanitaria

José González destacou que esta fórmula de venda alternativa mobilizou máis de tres millóns de quilos de pataca, a través das cadeas de distribución e de compras solidarias como as do Goberno galego, que doou case 133 toneladas

22/05/20 | 16:03 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Feijóo explica as novidades do Pladiga 2020 que reforzará os medios aéreos e se adaptará ás condicións establecidas pola emerxencia sanitaria

Afirma que se incorporarán os protocolos necesarios para garantir o traballo do persoal en condicións óptimas de seguridade e hixiene

22/05/20 | 11:27 | C. do Medio Rural

A Xunta avalía coas centrais agrarias o plan que inxectará liquidez aos agricultores, gandeiros e silvicultores afectados pola emerxencia sanitaria

O Goberno galego anticipará entre maio e xuño o pago de case 300 millóns de euros correspondentes a diferentes convocatorias de achegas de Medio Rural

22/05/20 | 10:52 | C. do Medio Rural

A Xunta autoriza as actividades de roza, mantemento e limpeza nos montes, nos predios en solo rústico e nas fincas urbanas de núcleo rural e urbanizable

O DOG establece que os titulares destas parcelas ou as persoas que ostenten os dereitos sobre elas poderán acudir a xestionar a biomasa, tras o acordo ao respecto do Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria

22/05/20 | 10:19 | C. do Medio Rural

A Xunta publica as normas e protocolos que deberán cumprir os mercados de gando que poden volver celebrarse dende mañá

O DOG establece as instrucións pertinentes da Consellería do Medio Rural, despois de que o Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria acordase levantar a suspensión deste tipo de feiras

20/05/20 | 11:15 | C. do Medio Rural

Ovidio Rodeiro destaca que o número de concellos adheridos ao convenio para a prevención de incendios ascende a 10 na comarca do Barbanza incorporando 65 brigadistas

O delegado territorial informou que Boiro, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Outes, A Pobra, Porto do Son, Rianxo e Ribeira están adheridos tamén ao convenio de xestión da biomasa para a limpeza de faixas secundarias

20/05/20 | 11:12 | C. do Medio Rural

A Xunta amplía o prazo para solicitar as axudas destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais

O prazo de presentación de solicitudes, así como o procedemento de concesión das subvencións, quedara en suspenso tras a declaración do estado de alarma

20/05/20 | 10:00 | C. do Medio Rural

A Xunta publica o decreto que simplificará e axilizará os arredor de 100.000 aproveitamentos forestais que se fan en Galicia cada ano

A norma que regulará os aproveitamentos forestais madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes de xestión privada supón un importante desenvolvemento da Lei de montes de Galicia

18/05/20 | 18:17 | C. do Medio Rural

As variedades galegas de pemento Couto Grande e Piñeira poderán comercializarse, tras anos de trámites para o seu rexistro

O Boletín Oficial do Estado publica hoxe a súa inscrición definitiva no Rexistro de Variedades Comerciais como variedades de conservación

15/05/20 | 17:04 | C. do Medio Rural

O Diario Oficial da UE publica o regulamento polo que se aproba a modificación do prego de condicións da IXP Pataca de Galicia

Os cambios principais consisten na ampliación da área de produción a toda a comunidade galega e na introdución de dúas novas variedades: a Agria e a Fina de Carballo