Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

02/06/20 | 13:07 | C. do Medio Rural

A Xunta rematará de aboar nos vindeiros días as axudas da PAC de 2019 a máis de 20.000 gandeiros e agricultores galegos

Os pagamentos correspóndense coas axudas directas da convocatoria que tamén regula as achegas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control

30/05/20 | 11:03 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza no desenvolvemento das aldeas modelo ourensás de Penedo-Boborás e Trabazón-O Irixo con proxectos agrogandeiros en ecolóxico

Técnicos da Consellería do Medio Rural reuníronse cos alcaldes de ambos municipios e cos promotores que van implantar actividades de produción de gando porcino e aviar autóctono nestes núcleos de poboación

29/05/20 | 17:06 | C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

A Xunta destina 16 millóns para apoiar a autónomos e pemes do comercio, o turismo, servizos e transporte e impulsar a instalación de medidas de protección para traballadores e clientes

Os agricultores e gandeiros poderán percibir o anticipo das axudas da PAC grazas á colaboración con diferentes entidades financeiras para abrir unha liña de préstamos a interese cero

28/05/20 | 10:25 | C. do Medio Rural

A Xunta incorpora hoxe novos datos ao observatorio forestal de Galicia

En concreto, inclúense novas gráficas sobre os alleamentos de madeira nos montes de xestión privada e pública da comunidade, así como cos prezos medios de adxudicación dos lotes de piñeiro acadados nas poxas públicas

27/05/20 | 16:28 | C. do Medio Rural

A Xunta reforza a coordinación policial para a vixilancia, disuasión e control da actividade incendiaria de cara á tempada de alto risco de lumes forestais

O director xeral de Defensa do Monte presidiu a reunión do Comité de Coordinación Policial Antiincendios

27/05/20 | 15:12 | C. do Medio Rural

A Xunta reforza a implicación dos GDR na reactivación económica e social do rural galego para superar as dificultades provocadas pola emerxencia sanitaria

José González puxo en valor a dinámica participativa destas asociacións e a súa dilatada experiencia na xestión do desenvolvemento e dinamización dos territorios rurais, polo que sinalou que a súa contribución pode ser decisiva

27/05/20 | 15:07 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello pontevedrés de Mondariz, parroquia de Santa María de Gargamala

Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie provisional de 21 hectáreas: 15 arboradas e 6 rasas

27/05/20 | 10:33 | C. do Medio Rural

O DOG publica hoxe as axudas deste ano para mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura

As achegas -que contan cun orzamento superior aos 600.000 euros- poden solicitarse no prazo dun mes a contar dende mañá

27/05/20 | 10:07 | C. do Medio Rural

Controlado un incendio forestal no concello pontevedrés de Mondariz, parroquia de Santa María de Gargamala

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie provisional de 21 hectáreas

25/05/20 | 13:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Medio Rural

A Xunta pechará dous días ao tráfico un treito da estrada LU-862 en Xove para continuar coa retirada de árbores como medida de prevención de lumes

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, sinala que se habilitará un itinerario alternativo os días 26 e 27 entre as 8,30 e as 20,00 horas