Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

30/06/20 | 13:49 | C. do Medio Rural

A Xunta porá en marcha o vindeiro curso escolar o “Polo de formación forestal da Mariña” cun novo ciclo medio sobre aproveitamento e conservación do medio natural

O polo contará con cursos ligados ao sector forestal que se impartirán no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias, de Ribadeo, e no IES San Rosendo, de Mondoñedo

30/06/20 | 12:37 | C. do Medio Rural

A Xunta entrega ao Concello de Trasmiras os títulos da concentración parcelaria de Vilar de Lebres

Esta reorganización do territorio afectou 552 hectáreas propiedade de 581 veciños e veciñas

30/06/20 | 12:26 | C. do Medio Rural

A tempada de alto risco de incendios comeza mañá e quedan prohibidas as queimas agrícolas e forestais

O período de alto risco abrangue un período de tres meses, dende o 1 de xullo ata o 30 de setembro

27/06/20 | 11:24 | C. do Medio Rural

A Xunta participa xunto con máis de 30 países nun seminario da FAO sobre boas prácticas nas reestruturacións parcelarias

Miguel Pérez Dubois trasladou a experiencia galega, destacando o potencial deste instrumento de xestión da terra para o desenvolvemento rural

26/06/20 | 14:55 | C. do Medio Rural

A Xunta entrega ao concello de baleira os títulos da concentración parcelaria de Pousada

Esta reorganización do territorio afectou 1.210 hectáreas propiedade de 178 veciños e veciñas

26/06/20 | 10:04 | C. do Medio Rural

O DOG publica a orde de Medio Rural que permite anticipar ata o 50% do importe de determinadas axudas deste departamento

Trátase dunha medida que forma parte do Plan de liquidez posto en marcha pola Consellería para apoiar ao sector agrario galego

25/06/20 | 18:25 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 10 millóns de euros a fomentar a cooperación e a concentración empresarial tras a emerxencia sanitaria

José González destacou esta medida por actuar como panca de competitividade e produtividade entre o tecido empresarial galego

25/06/20 | 10:25 | C. do Medio Rural

A Xunta amplía o orzamento das axudas para mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que incrementa en case 121.000 euros o importe dispoñible para estas achegas, co que o presuposto supera agora os 724.000 euros

23/06/20 | 14:17 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca a cuarta edición dos premios Exceleite ás mellores explotacións de vacún de leite de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a correspondente orde da Consellería do Medio Rural