Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

11/07/20 | 09:55 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello coruñés da Pobra do Caramiñal, parroquia de Lesón

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie superior ás 20 hectáreas 

10/07/20 | 11:39 | C. do Medio Rural

A Xunta apoia as denominacións de orixe vitivinícolas galegas cun préstamo de ata 60 M€ para que as adegas poidan mercar toda a uva desta vendima en condicións normais de mercado

O Goberno galego mobilizará estes empréstitos para bodegas, no marco dunha nova liña de financiamento dirixida aos autónomos, microempresas e pemes máis afectados pola emerxencia sanitaria

10/07/20 | 11:13 | C. do Medio Rural

Os 120 prescritores nacionais seleccionados pola Xunta comezan a avaliar o queixo curado de San Simón da Costa

Trátase de restauradores, críticos, responsables de compras das cadeas de distribución, xornalistas e outros profesionais que valorarán o potencial deste produto de calidade, con vistas a fomentar a súa promoción e comercialización

10/07/20 | 10:09 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca as axudas a viveiros e agricultores afectados por organismos de corentena

O DOG publica hoxe a orde que beneficiará os produtores afectados polo fusarium circinatum do piñeiro, a thekopsora minima dos arandos, o psílido africano dos cítricos e a couza da pataca

09/07/20 | 12:29 | C. do Medio Rural

A Xunta entrega ao Concello de Cualedro os títulos da concentración parcelaria de San Millao

Esta reorganización do territorio afectou 625 hectáreas propiedade de 322 veciños e veciñas

08/07/20 | 10:40 | C. do Medio Rural

A Xunta tramita xa 38 expedientes de inscrición no rexistro de masas consolidadas de frondosas autóctonas que suman 1.900 hectáreas de terreo

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio de información pública do primeiro expediente de inscrición no devandito rexistro, correspondente a un monte do concello coruñés de Mesía

03/07/20 | 12:07 | C. do Medio Rural

A Xunta entrega catro drons ás brigadas de investigación de incendios forestais para localizar incendiarios e mellorar a detección e a extinción de lumes

A Xunta contará este ano na tempada de alto risco de incendios con 10 drons máis, que se sumarán aos 2 do ano anterior, para vixiar desde o ceo posibles accións delituosas que poidan supoñer risco de incendio forestal

02/07/20 | 11:31 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca as axudas para subministrar froita fresca, castañas e leite aos centros escolares galegos durante o curso 2020-2021

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta convocatoria de axudas, dotada dun orzamento superior aos 1,5 millóns de euros

01/07/20 | 14:51 | C. do Medio Rural

A Xunta entrega ao concello de Castro de Rei os títulos da concentración parcelaria de Ramil

Esta reorganización do territorio afectou unhas 800 hectáreas propiedade de 250 veciños e veciñas