Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

22/07/20 | 12:17 | C. do Medio Rural

A Xunta coopera coas comunidades de Asturias e Cantabria para impulsar o pastoreo na montaña como medio para anticiparse aos incendios forestais e mellorar a produtividade animal

O proxecto busca implicar tanto aos propietarios das terras como aos xestores e gandeiros para traballar na mellora do solo, incrementar a biodiversidade e impulsar a gandaría en extensivo

22/07/20 | 09:16 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9,00 h de hoxe

Desactivada a situación 2 no incendio do concello de Porto do Son, parroquia de Nebra, que quedou estabilizado e afecta unha superficie provisional de 35 hectáreas

21/07/20 | 19:32 | C. do Medio Rural

Declarada como medida preventiva a situación 2 no incendio forestal activo no municipio coruñés de Porto do Son, parroquia de Nebra

Esta situación operativa decrétase pola proximidade do lume, que afecta provisionalmente unhas 10 hectáreas, ao núcleo de Queiro

21/07/20 | 12:46 | C. do Medio Rural

Os veciños da parcelaria de Troáns sector II, no concello pontevedrés de Cuntis, poderán tomar posesión dos seus predios de substitución o vindeiro 30 de outubro

A partir desa data, os 440 propietarios beneficiarios deste proceso poderán facer uso das novas parcelas resultantes da reorganización do territorio

21/07/20 | 11:59 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste 135.000 euros na identificación, recuperación e promoción da riqueza forestal de Lugo e Ourense a través do Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós

José González enmarcou o acordo no obxectivo de impulsar a multifuncionalidade dos montes galegos previsto no Plan de Reactivación e Dinamización da Consellería do Medio Rural, que contempla a recuperación dos soutos tradicionais

20/07/20 | 13:42 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h de hoxe

Controlado o lume no concello de Ourense, parroquia homónima, que afecta 57,79 hectáreas de superficie

20/07/20 | 10:49 | C. do Medio Rural

A Xunta reafirma a súa aposta pola innovación e a I+D na súa oferta de formación para o rural galego

Manuel Rodríguez aproveitou para poñer de relevo o Plan de formación para o agro 2020-2024, que contempla, entre outros obxectivos, o impulso á teleformación agroforestal continua e a adaptación das ensinanzas aos sectores produtivos

19/07/20 | 20:30 | C. do Medio Rural

A Xunta informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 20,30 h de hoxe

Estabilizado o lume no concello de Ourense, parroquia homónima, que afecta unhas 60 hectáreas de superficie

19/07/20 | 14:38 | C. do Medio Rural

A Xunta chama a fixarse no legado da Xeración Nós para marcar o rumbo da cultura galega de cara ao futuro

Román Rodríguez lembrou que o Goberno galego traballa nunha ampla programación que inclúe unha mostra itinerante e un congreso internacional

19/07/20 | 13:34 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h de hoxe

Permanece activo o lume no concello de Ourense, parroquia homónima, que afecta unhas 60 hectáreas de superficie