Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

29/07/20 | 18:24 | C. do Medio Rural

Activada como medida preventiva a situación 2 no incendio forestal activo no municipio ourensán de Cualedro, parroquia de San Millao

Esta situación operativa decrétase pola proximidade do lume, que afecta provisionalmente unhas 60 hectáreas, ao núcleo de San Cristovo, pertencente ao municipio de Monterrei

29/07/20 | 13:41 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h de hoxe

Extinguido o incendio do concello lugués de Quiroga, parroquia da Enciñeira, que segundo as últimas medicións afectou unha superficie de 26,05 hectáreas

29/07/20 | 11:08 | C. do Medio Rural

Máis de 20 gandeiros interésanse polo proxecto piloto de polígono agroforestal de Curtis, que conta con 3200 hectáreas

Técnicos da Consellería do Medio Rural reuníronse co alcalde do municipio coruñés e cos veciños para informalos sobre esta iniciativa, que ten como obxecto a mellora da superficie e a estrutura das explotacións de vacún de leite

29/07/20 | 09:17 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9,00 h de hoxe

Permanece controlado o incendio do concello lugués de Quiroga, parroquia da Enciñeira, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie provisional que rolda as 30 hectáreas

28/07/20 | 19:56 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h de hoxe

Controlado o incendio do concello lugués de Quiroga, parroquia da Enciñeira, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie provisional que rolda as 30 hectáreas

28/07/20 | 13:45 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h de hoxe

Continúa activo, malia que evoluciona favorablemente, o lume do concello lugués de Quiroga, parroquia da Enciñeira, que afecta provisionalmente unha superficie de arredor de 20 hectáreas

28/07/20 | 12:56 | C. do Medio Rural

A Xunta aproba o regulamento e o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pan Galego

Coa publicación de hoxe no Diario Oficial de Galicia, bota a andar esta IXP impulsada pola Federación Gallega de Asociaciones de Fabricantes de Pan (Fegapan), que foi apoiada dende os inicios pola Xunta

28/07/20 | 09:24 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9,00 h de hoxe

Activo un lume no concello lugués de Quiroga, parroquia da Enciñeira, que afecta provisionalmente unha superficie dunhas 20 hectáreas

27/07/20 | 14:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Xunta reforza as actuacións contra a violencia de xénero no medio rural cun novo convenio por importe de 250.000 euros

O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, e o conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, asinaron hoxe un acordo de colaboración para desenvolver medidas a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)

27/07/20 | 12:42 | C. do Medio Rural

A Xunta pon de relevo o incremento das vendas e da superficie inscrita como agricultura ecolóxica en Galicia para apostar por un novo xeito de producir máis saudable e sostible

José González lembrou que o Plan de reactivación e dinamización da Consellería do Medio Rural contempla accións para seguir apoiando este tipo de producións