Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

07/08/20 | 10:57 | C. do Medio Rural

A consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 10,00 h de hoxe

Activo un incendio no concello ourensán de Lobeira, parroquia da Fraga, que afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés e, segundo as primeiras estimacións, rolda unhas 20 hectáreas

06/08/20 | 18:30 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal do concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 200 hectáreas

06/08/20 | 10:38 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza unha xornada técnica sobre maquinaria para a mecanización da horta

A acción, que se desenvolverá no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, contará con demostracións con distintos tipos de equipos

06/08/20 | 10:03 | C. do Medio Rural

A Xunta amplía ata os 7,9 M€ o orzamento das axudas do plan Leader para dinamizar o agro galego

Pode beneficiarse destas achegas calquera persoa ou entidade que solicite a subvención a través dalgún dos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) do territorio galego

06/08/20 | 09:54 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,30 h de hoxe

Extinguido o incendio rexistrado no concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Rubiais, que afectou 50 hectáreas, das cales 47 son de monte raso e as 3 restantes de arborado

05/08/20 | 19:37 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h de hoxe

Continúa activo o incendio do concello de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo, que segundo as últimas estimacións afecta unhas 110 hectáreas

05/08/20 | 14:00 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza un curso de aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios en Mazaricos

A acción está integrada no Plan de formación ao agro galego que desenvolve a Consellería do Medio Rural a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

05/08/20 | 13:46 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h de hoxe

Permanece activo o lume do concello de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo, que segundo as últimas estimacións afecta unhas 70 hectáreas

05/08/20 | 13:20 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza en Monforte de Lemos unha acción divulgativa sobre o potencial resineiro nos piñeirais de Galicia

Para complementar esta formación, a Consellería do Medio Rural impartirá tamén un curso de técnicas de extracción de resina no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal

05/08/20 | 10:50 | C. do Medio Rural

O DOG publica o acordo de reestruturación parcelaria da zona de Benza, no concello coruñés de Trazo

Esta reorganización territorial afecta unha superficie total de 1.170 hectáreas