Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

20/08/20 | 11:57 | C. do Medio Rural

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo constata que o pastoreo e unha alimentación a base de herba melloran a composición do leite de vacún e os seus beneficios para a saúde

Son as conclusións dunha investigación levada a cabo polo CIAM en colaboración co Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal)

19/08/20 | 13:02 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza en Mondariz un curso sobre iniciación e mellora das gandarías de ovino e cabrún

Terá lugar a vindeira semana, concretamente entre o luns 24 e o xoves 27 de agosto

19/08/20 | 11:33 | C. do Medio Rural

A Xunta crea unha comisión técnica de silvopastoreo con expertos do Goberno galego, da universidade e investigadores para anticiparse aos lumes

Os especialistas, entre os que figuran membros da USC e do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, estudarán e avaliarán como optimizar estes métodos, especialmente nas aldeas modelo

18/08/20 | 13:45 | C. do Medio Rural

A Xunta patenta un sistema innovador para a multiplicación de semente en ambientes controlados que permitiu xa potenciar un cento de poboacións útiles para o agro galego

A iniciativa partiu do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), da Consellería do Medio Rural

17/08/20 | 13:43 | C. do Medio Rural

Medio Rural informa aos veciños de Godos (Caldas de Reis) dos avances nesta parcelaria, na que se vén de autorizar a toma de posesión provisional dos novos predios

Técnicos da Consellería reuníronse hoxe cos membros da Xunta Local desta reestruturación para explicarlles estes avances no proceso e atender as dúas dúbidas e suxestións

17/08/20 | 10:39 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca as axudas estatais destinadas a paliar as dificultades de comercialización de cordeiros e cabritos durante a emerxencia sanitaria pola covid-19

Segundo a orde que publica hoxe o DOG, as explotacións ovinas e caprinas galegas poderán acceder a un orzamento máximo de 62.952 euros, con cargo aos Orzamentos Xerais do Estado

17/08/20 | 10:04 | C. do Medio Rural
17/08/20 | 08:44 | C. do Medio Rural

Extinguido un incendio forestal do concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afectou o parque natural do Xurés

Iniciouse onte pasadas as 21,00 h. da noite e afectou unha superficie de 2,5 hectáreas de monte raso

16/08/20 | 11:29 | C. do Medio Rural

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo desenvolveu en 2019 un total de 48 proxectos e convenios de colaboración a nivel nacional e internacional e ata 235 accións divulgativas

Destacan iniciativas europeas para incluír as novas tecnoloxías nos sistemas produtivos ou para acadar unha produción de leite máis eficiente, así como proxectos de investigación para o desenvolvemento rural e para mellorar o manexo do gando, os pastos ou a xestión dos xurros

15/08/20 | 11:31 | C. do Medio Rural

A Xunta facilita ao sector do viño a posibilidade de levar os seus rexistros de xeito telemático mediante unha aplicación informática específica

Os interesados poden solicitar o emprego da ferramenta Acios (Aplicación Contabilidade Integral Oficial), especificando os libros rexistro para os que piden a autorización e os datos dos usuarios que accederán á plataforma