Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

30/08/20 | 12:15 | C. do Medio Rural

Arranca mañá en Friol un obradoiro sobre alimentos agroecolóxicos organizado polo Grupo de Desenvolvemento Rural comarca de Lugo

Con cargo ao programa Leader, a iniciativa desenvolverase no Centro Biocárnico Traloagro

30/08/20 | 11:47 | C. do Medio Rural
29/08/20 | 20:01 | C. do Medio Rural
29/08/20 | 19:31 | C. do Medio Rural
27/08/20 | 10:33 | C. do Medio Rural

A Xunta licita a contratación por procedemento aberto de cinco obras para a prevención de incendios forestais na provincia de Ourense taxadas en 1,4 millóns de euros

As actuacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), centraranse fundamentalmente en devasas e pistas forestais, para previr os danos causados polos lumes ou outros desastres naturais

26/08/20 | 10:05 | C. do Medio Rural

A Xunta traballa nun sistema avanzado de valoración nutricional das forraxes consumidas nas explotacións de vacún de leite

Este proxecto de investigación estase levando a cabo entre o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), dependente da Consellería do Medio Rural, e o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal)

25/08/20 | 10:33 | C. do Medio Rural

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo rexistrou case 70 variedades dos principais cultivos de Galicia e traballa na incorporación de máis dunha vintena

Entre as variedades comerciais e de conservación rexistradas polo CIAM destacan as froiteiras e hortícolas, pero tamén hai cereais ou forraxes

24/08/20 | 11:04 | C. do Medio Rural

O Grupo de Desenvolvemento Rural comarca de Lugo organiza un obradoiro sobre alimentos agroecolóxicos en Friol

Con cargo ao programa Leader, a iniciativa está dirixida a concellos, produtores en ecolóxico ou persoas interesadas no emprendemento cooperativo

24/08/20 | 10:58 | C. do Medio Rural

A Casa do Concello de Abegondo acollerá a vindeira semana un curso de aplicador e manipulador de fitosanitarios organizado pola Xunta

A acción está integrada no Plan de formación ao agro galego que desenvolve a Consellería do Medio Rural a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria e prolongarase ata o día 8 de setembro, cunha duración total de 27 horas

21/08/20 | 12:20 | C. do Medio Rural

A Xunta valora o reforzo que supón a incorporación do Exército ás tarefas de vixilancia, persecución e disuasión dos incendiarios

Deste xeito, as forzas armadas súmanse aos traballos que levan a cabo a Xunta e os Corpos de Seguridade do Estado