Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

08/10/22 | 11:51 | C. do Medio Rural

A Xunta alleou 25 lotes de madeira por 1,85 M€ nunha nova poxa pública electrónica de madeira en Ourense

Os importes acadados na poxa manteñen a tendencia dos prezos da madeira de coníferas avanzado en anteriores poxas, sendo previsible que continúen nestes niveis debido a que esta madeira está sendo moi demandada internacionalmente polas súas múltiples aplicacións

07/10/22 | 20:33 | C. do Medio Rural

A Xunta pon de relevo que a futura Lei da calidade alimentaria servirá para enxalzar produtos como o viño do Rosal, pertencente á denominación de orixe Rías Baixas

José Luis Cabarcos puxo en valor a paixón e o traballo que levan a cabo diariamente os viticultores, que son os verdadeiros protagonistas da calidade destes viños

07/10/22 | 16:03 | C. do Medio Rural

A Xunta sinala que recibiu preto de 2.500 solicitudes para recibir os adiantos das axudas da PAC 2022 e da carne, ademais das de capital circulante

José Balseiros indicou que ese nivel e solicitudes supoñen un volume de préstamos solicitados de 26,29 millóns de euros
 

07/10/22 | 14:56 | C. do Medio Rural

A Xunta busca consolidar o Foro da Castaña que se celebra en Riós no marco do convenio para impulsar a xestión activa dos soutos de castiñeiros e de frondosas autóctonas

Os obxectivos da cita -que se celebra entre hoxe e mañá por primeira vez- son o fomento da participación colectiva, o intercambio de información e establecer canles de comunicación entre os axentes que interveñen na cadea de valor do castiñeiro

07/10/22 | 12:06 | C. do Medio Rural

A Xunta traballa para consolidar a primeira rede de aldeas modelo “intelixentes” que xa conta con 21 núcleos en toda Galicia

José González definiu esta rede coma o xermolo do futuro rural, no que haberá “máis oportunidades para todos, máis liberdade de acción de onde e como vivir, e un porvir sustentable para as vindeiras xeracións”

Destacou que esta aposta parte dun investimento de máis de cinco millóns de euros de fondos propios, orientando a achega pública e privada a mellorar a infraestrutura física virtual e os servizos no medio rural por medio de innovadoras ideas

07/10/22 | 10:44 | C. do Medio Rural

A Xunta destina máis de 391.000 € a preto dunha decena de beneficiarios para mellorar os centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte de gando

O DOG publica hoxe o anuncio coa resolución destas axudas convocadas pola Consellería do Medio Rural ao abeiro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno central

07/10/22 | 10:18 | C. do Medio Rural

O DOG publica a declaración de utilidade pública de tres novas parcelarias nos concellos de Baños de Molgas, Caldas de Reis e Abadín que reorganizarán unhas 2.333 hectáreas

Estes novos decretos decláranse mediante a Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia (Metaga), que busca aumentar a base territorial das explotacións e reducir considerablemente os seus custos de produción

06/10/22 | 12:53 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a distinción do comedor do Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude como 'Km 0 de Galicia' por usar produtos de proximidade nos seus menús

O recoñecemento outórgao a empresa Slow Food Compostela, quen acredita que preto do 60% dos alimentos empregados proveñen de canles curtas de comercialización, destacando os produtos amparados por selos de calidade
 

06/10/22 | 10:35 | C. do Medio Rural

A Xunta celebra que os produtos amparados pola IXP Vaca Gallega - Buey gallego poidan comercializarse xa en todo o territorio da Unión Europea

A ampliación de mercado será posible unha vez o Diario Oficial da Unión Europea publica hoxe a inscrición desta indicación xeográfica protexida no rexistro da UE
 

05/10/22 | 20:12 | C. do Medio Rural

A Xunta avoga no Parlamento por devolverlle á aldea galega o seu papel protagonista como sistema de ordenación do territorio rural que sempre cumpriu

José González engadiu que, en todo caso, esa aldea “ten que construírse con criterios do século XXI e poder presumir dela como un modelo a replicar en calquera outra parte do territorio”