Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

26/09/20 | 09:25 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor os produtos agroalimentarios galegos con indicativo de calidade mediante a campaña “Come local”

A iniciativa da Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, abrangue catro eventos gastronómicos centrados nos alimentos propios de cada unha das estacións do ano

25/09/20 | 12:29 | C. do Medio Rural

A Xunta declara a zona de Meixide, no concello ourensán da Veiga, como nova aldea modelo de Galicia

Neste caso, a iniciativa servirá para poñer en valor unha superficie de arredor de 71 hectáreas deste núcleo de poboación, para destinalas á produción gandeira en extensivo

25/09/20 | 11:11 | C. do Medio Rural

A Xunta achega 3 M€ aos concellos lucenses ao abeiro do plan para a mellora dos camiños de acceso a parcelas agrarias

O obxectivo da iniciativa da Consellería do Medio Rural é mellorar as condicións de vida no agro mediante o acondicionamento das súas infraestruturas

25/09/20 | 10:56 | C. do Medio Rural

Un total de 24 cooperativas galegas recibiron este ano 2,4 M€ en axudas para o uso de maquinaria agrícola en réxime asociativo

O DOG publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural que fai públicas estas achegas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020

25/09/20 | 10:19 | C. do Medio Rural

Máis de 1.774 apicultores galegos benefícianse este ano das axudas da Xunta por valor de máis de 724.000 euros

Estas achegas, cuxa resolución sae hoxe publicada no Diario Oficial de Galicia, teñen como obxectivo mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura

24/09/20 | 17:52 | C. de Economía e Industria; C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Feijóo pon en valor o sector agroalimentario galego, clave para entender Galicia: "Para o que é e para o que queremos seguir sendo"

Asevera que hoxe a Comunidade conta cunha industria agroalimentaria composta de empresas que queren seguir diversificando e apostando pola calidade, pola innovación e pola apertura cara a novos mercados

24/09/20 | 12:38 | C. do Medio Rural

Galicia mantén a lealdade co Goberno central na negociación da PAC, pero esixe ao Ministerio que sexa “belixerante” para evitar recortes nos fondos comunitarios

José Balseiros advertiu que a situación actual de crise sanitaria e económica non debería ter servido de pretexto a algúns estados membros para reducir fondos comunitarios para a agricultura e o desenvolvemento rural

24/09/20 | 11:11 | C. do Medio Rural
24/09/20 | 10:05 | C. do Medio Rural
23/09/20 | 14:35 | C. do Medio Rural

José González: "Os incendiarios responderán polos seus delitos co cárcere e co seu patrimonio, pagarán co que teñan os gastos de extinción"

Dixo que un de cada tres lumes rexistrados en Ourense entre o 12 e o 17 de setembro iniciouse en horas nas que os medios aéreos non poden actuar