Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

07/10/20 | 12:22 | C. do Medio Rural

A Xunta anima aos produtores de trigo, muiñeiros e panadeiros tradicionais a acollerse á Indicación Xeográfica Protexida Pan Galego

José González referiuse a este produto como “punta de lanza de calidade” e sinalou que o Goberno galego está traballando arreo para que poida atoparse no mercado proximamente

05/10/20 | 13:25 | C. do Medio Rural

A Xunta segue a impulsar a rede Mercaproximidade como canle de comercialización para garantir o futuro do sector agroalimentario galego

Así o destacou José González, enmarcando a iniciativa no Plan de reactivación e dinamización deseñado pola Consellería do Medio Rural para facer fronte aos efectos da covid-19

02/10/20 | 13:16 | C. do Medio Rural

A Xunta ultima a creación dun polígono agrario para impulsar a produción de mazá de sidra na comarca de Tabeirós-Terra de Montes

Tras varias xuntanzas, están localizadas unhas 100 hectáreas en Cerdedo-Cotobade, ás que habería que sumar outra extensión para un segundo polígono no concello da Estrada

02/10/20 | 10:23 | C. do Medio Rural

Mañá arranca en Mondariz a xornada sobre o aproveitamento sostible de plantas de interese medicinal, aromático e cosmético

Terá lugar na biblioteca municipal e o vindeiro sábado, 10 de outubro, haberá unha segunda edición deste curso

30/09/20 | 13:34 | C. do Medio Rural

A Xunta investiu este ano 2,4 millóns de euros en fomentar o uso da maquinaria agrícola en réxime asociativo no rural galego

Así o destacou José González, poñendo de relevo que un total de 24 cooperativas resultaron beneficiarias destas axudas para promover o emprego da maquinaria agrícola en conxunto

30/09/20 | 10:11 | C. do Medio Rural

A partir de mañá poderán solicitarse de novo os permisos para realizar queimas de restos agrícolas e forestais amoreados

Estas tarefas permanecían suspendidas dende o pasado día 1 de xullo, data de inicio da época de alto risco de lumes, unha tempada que remata hoxe

28/09/20 | 13:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Xunta presenta unha campaña de promoción e unha plataforma de comercialización para fomentar o enoturismo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro do Medio Rural, José González, asistiron á presentación de ambas iniciativas incluídas no acordo coas Asociacións das Rutas do Viño, dotado con 230.000 euros

27/09/20 | 13:41 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza en Mondariz unha xornada sobre o aproveitamento sostible de plantas de interese medicinal, aromático e cosmético

Celebrarase os vindeiros 3 e 10 de outubro na biblioteca municipal, sita na casa da Cultura de Mondariz

26/09/20 | 19:04 | C. do Medio Rural

Gabriel Alén clausura os cursos do programa de catas de aceite de oliva extra organizados pola Xunta no concello ourensán da Arnoia

O delegado territorial da Xunta de Ourense subliñou que o obxectivo dos tres cursos de iniciación, perfeccionamento e avanzado foi afianzar este sector emerxente na nosa comunidade

26/09/20 | 13:34 | C. do Medio Rural

Lugo acolleu esta semana un curso sobre certificación de benestar animal en explotacións de vacún de carne e porcino

Estas accións están integradas no Plan de formación ao agro galego que desenvolve a Consellería do Medio Rural a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria