Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

08/11/20 | 12:04 | C. do Medio Rural

Mañá comezan en Abegondo unhas xornadas sobre o control de pragas e enfermidades en froiteiras

A iniciativa, que se levará a cabo entre o luns e o martes, desenvolverase na aula multimedia da casa do concello deste municipio coruñés

06/11/20 | 13:01 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor os recursos fitoxenéticos conservados no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

Como resultado do traballo levado a cabo no CIAM, moitas variedades de conservación ou comerciais, así como poboacións naturais, foron rexistradas ou están en proceso de selo para poñelas a disposición do sector

06/11/20 | 08:46 | C. do Medio Rural

Extinguido un incendio forestal rexistrado no concello lugués de Quiroga, parroquia de Montefurado

Segundo as últimas medicións, o lume afectou 22,34 hectáreas de monte arborado

05/11/20 | 13:56 | C. do Medio Rural

Galicia solicitará no primeiro trimestre do ano 2021 o estatuto de rexión oficialmente indemne de tuberculose bovina

José Balseiros lembrou que a nosa comunidade xa está libre de brucelose bovina, ovina e cabrúa, ademais de leucose enzoótica bovina e perineumonía contaxiosa bovina

04/11/20 | 13:48 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsará un novo proxecto de I+D para avaliar pezas de queixo San Simón da Costa con distintos tempos de maduración tras o éxito da primeira enquisa realizada a prescritores

Na primeira iniciativa, diversos expertos valoraron positivamente queixos desta Denominación de Orixe Protexida (DOP) que acadaran unha maduración superior ás 52 semanas

04/11/20 | 12:38 | C. do Medio Rural

A Xunta celebra mañá en Frades unha xornada sobre silvicultura de piñeiro apoiada en novas tecnoloxías e no uso de drons

A iniciativa, de balde aberta a todos os interesados (previa inscrición), está promovida polo Centro de Investigación Forestal de Lourizán, en colaboración con empresas dos sectores implicados

03/11/20 | 12:25 | C. do Medio Rural

A Xunta celebra mañá en Monforte de Lemos un curso sobre iniciación e mellora das gandarías de ovino e cabrún

Terá lugar no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal, dependente da Consellería do Medio Rural

03/11/20 | 11:10 | C. do Medio Rural

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os galardoados na undécima edición dos Premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural

Cada unha das oito iniciativas está premiada con 10.000 euros, que deberán reinvestir no proxecto galardoado

01/11/20 | 12:26 | C. do Medio Rural

O Instituto de Estudos do Territorio xa dixitalizou a rede de faixas de xestión da biomasa dun millón e medio de parcelas

As consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e do Medio Rural asinaron un convenio de colaboración que tiña por finalidade potenciar o uso compartido da información xeográfica para previr os incendios forestais

31/10/20 | 13:30 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Laxe analizan as demandas e necesidades relativas ao agro dos veciños deste municipio coruñés

O conselleiro do Medio Rural e o alcalde mantiveron unha xuntanza telemática de traballo para avanzar neste eido